vouaxenda.com

espacio blanco

No Cow on the Ice + Tout le monde aime le bord de la mer (Luns de filmoteca)

No Cow on the Ice + Tout le monde aime le bord de la mer
Data:
luns, 5 de xuño
Multisesión
multisesion: 20.30 h e 23.00 h
Onde:
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense
Entrada:
de 2€ a 2.50€


Dentro da programación de filmoteca, coa colaboración do CGAI, proxéctase en sesións ás 20:30 e 23 horas:

Ingen ko pa isen (No Cow on the Ice)
Eloy Domínguez Serén (Suecia, 2015) 63 min. #VO/S

Linguaxe e paisaxe como portas de entrada a unha vida nova. Un mozo galego emigra a Suecia, onde desempeña varios traballos a tempo parcial mentres trata de emprender a súa carreira cinematográfica. A aprendizaxe dun novo idioma e a súa fascinación por unha paisaxe insólita convértense pronto en dous estímulos fundamentais fronte ás dificultades do seu proceso de adaptación no novo país. Mediante a documentación constante do seu novo hábitat, os seus diversos oficios, e as súas novas relacións, Domínguez Serén reflexiona sobre a súa nova condición de emigrante-inmigrante.

Premios
2015: Visions du Réel: Sección oficial

"Eloy Domínguez despreza calquera lectura allea ao relato e dános espazo aos espectadores para que entremos na súa vida e a contemplemos desde a óptica máis realista posible"
(Álvaro Casanova, CINEMALDITO.COM)

+

Tout le monde aime le bord de la mer
Keira Espiñeira (España, 2016) 16 min. #VOSE

Un grupo de homes espera nas marxes dun bosque costeiro para viaxar a Europa. Atópanse nun limbo entre o tempo e o lugar. Alí fílmase unha película na que documental e ficción entrelázanse constantemente. A paisaxe muda, onde están xa non é o seu fogar. Non hai praias bonitas, a auga non é transparente, non é clara. No bosque, contos do pasado colonial fúndense co presente estático.

"Unha obra excepcional que dignifica a condición do emigrante ao invocar as súas historias pasadas e a fraxilidade do seu horizonte."
(Javier H. Estrada, FILMADRID)

+ info.: cineclubepf.blogspot.com.es

Organiza Cineclube Padre Feijoo

Enviado por Ambigú do CCPF

Mapa
Onde:
Biblioteca Pública de Ourense
Enderezo:
Concejo, 11
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


cineclubepf

cineclubecarba

Banner
Banner

espacio blanco


musica 17 Ago. | Habitación Vudú (Praza de San Martiño, Ourense)
infantil 25 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 03 Ago. | Lulavai (Praza de San Martiño, Ourense)
musica 31 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 14 Set. | Abelardo y los farfanes (Praza de San Martiño, Ourense)
musica 02 Set. | XI Festival Arteficial (Ribadavia)
musica 07 Set. | Áureas: En voga (Praza de San Martiño, Ourense)
cinema 14 Ago. | O segredo do libro de Kells (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
musica 26 Xul. | Canela Cafuné (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
musica 28 Xul. | Carlos Núñez: A tradición medieval (Mosteiro de Oseira, Carballiño)
musica 29 Xul. | Carlos Núñez: A tradición medieval (Montederramo)
musica 27 Xul. | Carlos Núñez: A tradición medieval (Parador Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín)
cinema 23 Xul. | Documental sobre as persoas refuxiadas (CSA Cambalhota, Allariz)
outros 04 Ago. | Festa das Neves Zarracós 2017 (Campo da festa de Zarracós, Zarracós - A Merca)
musica 24 Ago. | Chupadeskay (Praza de San Martiño, Ourense)
cinema 07 Ago. | A noiva cadáver (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
outros 26 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Out. | Mark Eitzel (Auditorio Municipal, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 27 Xul. | Curso Escritura Creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 27 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 22 Xul. | Menage à trois (Maceda)
deportes 05 Ago. | 8 miles do Xurés (Parque Natural Xurés, Lobios)
escea 22 Xul. | As mil e unha noites (Praza Maior de Xinzo, Xinzo de Limia)
musica 22 Set. | Molly Burch (Café Pop Torgal, Ourense)
escea 29 Xul. | Avelino González: Contos de contrabando (Campo da festa de Zarracós, Zarracós - A Merca)
musica 31 Ago. | Pimentel Trío (Praza de San Martiño, Ourense)
cinema 21 Ago. | Porco Rosso (Praza San Marcial, Ourense)
outros 25 Xul. | Curso Escritura Creativa (Bok2, Ourense)
cinema 28 Ago. | O meu veciño Totoro (Praza San Marcial, Ourense)
outros 25 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
musica 10 Ago. | Uxia e Sérgio Tannus (Praza de San Martiño, Ourense)
outros 02 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 27 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
musica 27 Xul. | Xardín Desordenado (Praza de San Martiño, Ourense)

masacritica

Banner