vouaxenda.com

espacio blanco

O segredo do libro de Kells (VeránÊarte 2017 - Cinema na praza)

O segredo do libro de Kells
Data:
luns, 14 de agosto
Hora:
22.00 h
Onde:
Museo Arqueolóxico Provincial - Ourense
Entrada:
gratuita


Dentro do programa de cine de verán do cineclube, inaugurase o fermoso emprazamento do xardín do Museo, co filme:

Brendan and the Secret of Kells
O segredo do libro de Kells
Tomm Moore e Nora Twomey (Irlanda, 2009) 75 min. #VD?

Brendan é un monxe de 12 anos que vive na remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século XI. Cos outros irmáns, axuda a construír unha muralla para resistir os asaltos dos viquingos. Unha nova vida de aventuras preséntase cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de terminalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas...

Premios
2009: Oscar: Nomeada á mellor película de animación
2009: Premios Annie: Nomeada a mellor película
2009: Festival de Annecy: Premio da audiencia. Nomeada á mellor película

"É unha pequena marabilla ética e estética. (...) unha insólita rareza que saberán apreciar os paladares finos e, por suposto, todos os amantes do cine de animación" (Jordi Batlle Caminal, LA VANGUARDIA)

Organiza Cineclube Padre Feijoo

Enviado por Ambigú do CCPF

Mapa
Onde:
Museo Arqueolóxico Provincial   -   Sitio Web
Enderezo:
Praza Maior
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


cineclubepf

cineclubecarba

Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner