Robin Torres leva desde os catorce anos cantando e nunca perdeu a ilusión pola música, arte á que foi sumando os seus coñecementos de danza e de interpretación para convertela nunha “todoterreo” das artes escénicas sempre disposta a dalo todo por esta gran paixón. Tras o seu paso por “La Voz”, Robin Torres afronta “Hija de la Luna”.
Vén revivir unha época inesquecible, o mellor tributo á banda máis importante do pop español! Un espectáculo que trasladará por unha noite, a un dos concertos multitudinarios, nos que miles de almas, cantaban as súas cancións. Me cuesta tanto olvidarte, Maquillaje, Cruz de navajas, La fuerza del destino, Barco a Venus, Mujer contra mujer… Un momento único para te volver xuntar con aqueles que compartiron esta máxica época.
Enviado por vouaxenda
VOU! Axenda.