vouaxenda.com

espacio blanco

Curtas Internacionais FicBueu 2017 (Cine de verán 2018)

Curtas Internacionais FicBueu 2017
Data:
mércores, 22 de agosto
Hora:
21.30 h
Onde:
Museo Arqueolóxico Provincial - Ourense
Entrada:
gratuita


VERANEARTE: CINE DE VERÁN 2018.

Segunda Sesión do Cine no Xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense

CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA INTERNACIONAL FICBUEU 2017 (104 min.)

FOX. Jaqueline Lentzou (Grecia,2016) 28 min.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

Sinopse: Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar e escoitar rap, mentres a súa nai está planificando o día. Tras outra pelexa entre eles, el queda só para coidar dos seus dous irmáns máis novos e Lucy, o can da familia.

RUAH. Flurin Giger (Suíza,2016) 18 min.
Nomeada á mellor curta na Biennale de Venecia e Festival de Sitges 2016. Segundo Premio no FICBUEU 2017.

Sinopse: Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar ao saber que algo grande, algo irreversible, algo do que non pode fuxir ou loitar, vai pasar.

WALD DER ECHOS. Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30 min.
Mellor película nos Austrian Film Awards e premio á Mellor Dirección no FICBUEU 2017.

Sinopse: Unha adolescente, Christina, perde aos seus amigos no bosque. Ao buscalos, deles atopa os corpos de tres nenos afogados na beira dunha lagoa. Nas vacacións de verán, nas profundidades do bosque, tres nenos, curmáns, xogan ao redor dun lago cando atopan unha moza afogada na auga. Que é real e que é un espello?

BIER & CALIPPO. Paul Ploberger (Austria, 2017) 28 min.
Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música no FICBUEU 2017.

Sinopse: Un grupo adolescente quere ir de xira. Jojo, a moza da banda, é levada a unha área de descanso polo seu pai preocupado por unha reunión, mentres a súa amiga Toni discute e o resto da banda están borrachos.

Organiza ESCUA e Cineclube Padre Feijoo, en colaboración co Museo Arqueolóxico de Ourense

Enviado por O acomodador discreto

Mapa
Onde:
Museo Arqueolóxico Provincial   -   Sitio Web
Enderezo:
Praza Maior
Cidade:
Ourense

<<  Outubro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4
    

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


cineclubepf

cineclubecarba

Banner
Banner

espacio blanco


infantil 30 Out. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 30 Out. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 29 Out. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 24 Out. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 25 Out. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 30 Out. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 24 Out. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 25 Out. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner