vouaxenda.com

espacio blanco

O ciclista

O ciclista
Data:
mércores, 19 de setembro de 2018
Hora:
20.30 h
Onde:
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense
Entrada:
gratuita


Dentro da Semana Europea da Mobilidade, que celebran a organización ecoloxista Amigos da Terra, o colectivo cidadán de ciclistas Masa Crítica, e a asociación por unha mobilidade responsable Mobi-liza, en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, a Biblioteca e Sustinea, proxéctase:

Bicycleran (O ciclista), en versión orixinal subtitulada ao galego.
Mohsen Makhmalbaf (Irán, 1987)

Nassim, un refuxiado afgano, necesita diñeiro para pagar as facturas do médico da súa muller. Un axente de negocios de mala fama propón astutamente que Nassim, compita nun maratón en bicicleta. A esperanza depende da habilidade de Nassim para percorrer en círculo unha zona pouco extensa nos arredores da cidade 24 horas ao día durante unha semana. Xogadores, músicos de rúa e corredores de apostas utilizarán o sufrimento de Nassim no seu propio beneficio.

O filme é unha vertixinosa narración que combina cotidianidade e denuncia, enfatizando a dependencia da bicicleta na subsistencia do protagonista.

Organiza Amigos da Terra + Masa Crítica Ourense + Mobi-liza Ourense

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Biblioteca Pública de Ourense
Enderezo:
Concejo, 11
Cidade:
Ourense

<<  Febreiro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
1819222324
   

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


cineclubepf

cineclubecarba

Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner