vouaxenda.com

Pecha aspas >> (María Prada)

Pecha aspas >>
Data:
venres, 21 de abril - venres, 9 de xuño
Onde:
Sala Alterarte - Ourense
Entrada:
gratuita


Pecha aspas » é o resultado de varios anos de complicidade e indagacións en torno á natureza da imaxe sobre papel e o valor do pregue. Nesta mostra, con pequenos ensaios visuais realizados en paralelo á súa investigación doutoral, María Prada interrógase sobre a literalidade e a representación, experimentando con efectos de superficie. Desafía o plano da imaxe, a súa percepción e comprensión, mediante accións radicais como cortar, pegar, pregar e superpor diferentes papeis, materiais impresos e arquivos persoais.

Podemos comparar a práctica do collage co uso de citas literais ou palabras enmarcadas por aspas dentro doutro texto, co fin de acreditar unha reflexión e aportarlle credibilidade, ou destacar e enfatizar un sentido ou sinalar unha extrañeza. Na re-composición, sexa textual ou visual, créanse relacións de dependencia entre as partes, cuxos significados súmanse, apoiánse e confírmanse, ou polo contrario opóñense e enfróntanse. María actúa desde ambas premisas, na súa procura de relacións conceptuais ou formais máis ou menos afíns, aínda que prefire a ruptura, a sorpresa do desaxuste e a ironía.

As aspas marcan os límites entre os diferentes niveis de realidade, actuando como pregues que dobran, desdobran ou despregan os significados, como nestes xogos visuais de acopramentos, reflexividades, bifurcacións e di-versións. O signo da aspa latina baixa, angular, evoca visualmente ao «pregue», e tamén indica unha dirección de avance e movemento [» cara a fóra]. María Prada posiciónase e posiciónanos fóra da cita. Nun esvarar cara outros niveis diexéticos latentes, María «pecha as aspas» para «desfacer a evidencia do mundo».

Anne Heyvaert Curadora da exposición

Enviado por vouaxenda

Onde:
Sala Alterarte   -   Sitio Web
Enderezo:
Campus Universitario As Lagoas - Pavillón 1, s/n
Cidade:
Ourense


espacio blanco