vouaxenda.com

espacio blanco

X Carreira Pedestre do Nadal

X Carreira Pedestre do Nadal
Data:
domingo, 18 de decembro de 2011
Hora:
12.00 h
Onde:
Ponte-Noalla - San Cibrao das Viñas


DESCARGA O TRIPTICO

INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 3KM E 8’5 KM
Presenciais en Deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 14 de decembro
Pola web en www.championchipnorte.com ata o xoves día 15 de decembro
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou de Barreiros por outra.

NOTA IMPORTANTE
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluindo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 3€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Red.1
Os/as participantes da carreira de 3 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Red.1

AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP

INFORMACIÓN
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Teléfono 647 913 079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es

HORARIO
12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:15 horas: entrega de trofeos e ágape para os participantes

REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

2. A recollida de dorsais e chips, farase desde as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.

3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 3 km para as categorías A – B- C- D e de 8’5 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primera volta e os restantes corredores completarán dúas voltas (1 pequena e 1 grande)

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar aos obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes10. Establécense os seguintes premios
150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
Camiseta técnica e bolsa do corredor para todos os/as participantes que rematen a proba.
60€ ós seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.11. Establécense as seguintes categorías:
A) Alevín: 2001 e 2002
B) Infantil: 1999 e 2000
C) Cadete: 1997 e 1998
D) Xuvenil: 1995 e 1996
Distancia a percorrer: 3 km (1 volta)
Saída ás 12:00 horasE) Junior-promesa: 1990 a 1994


F) Senior: 1989 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Distancia a percorrer: 8’5 km (2 voltas)
Saída ás 12:00 horasPitufos: 2003 e posteriores
Distancia: 300 m. Saída ás 13:00 horas

12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.15. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba

Enviado por edert0

Mapa
Onde:
Ponte-Noalla
Enderezo:
S/N
Cidade:
San Cibrao das Viñas


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 25 Set. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 25 Set. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 24 Set. | Obradoiro Sexualidade (TactoConTacto, Ourense)
musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 26 Set. | Reforma administrativa y lucha contra la corrupción (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
cinema 19 Set. | O ciclista (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Set. | Taller de Sumir -Dibujo Oriental Básico- (TactoConTacto, Ourense)
outros 19 Set. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 20 Set. | Kurt Baker Combo (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 22 Set. | Obradoiro Cero Refugallo (Zero Waste) (Tenda de Comercio Xusto Ourense, Ourense)
outros 27 Set. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 22 Set. | Quiz bar/Trivial (El Pueblo Café Cultural, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 26 Set. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 20 Set. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner