vouaxenda.com

espacio blanco

Fantamimo

Fantamimo
Data:
venres, 17 de febreiro
Hora:
20.30 h
Onde:
Teatro Principal - Ourense
Entrada:
2€


Presentación da peza teatral “Fantamimo”,unha creación colectiva contou coa producción de Avelaíñas Teatro, O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Losada Diéguez, Metátase Teatro e o club de lectura ” Retellador@s do Galiñeiro”.

Os beneficios da función, representada por alumnos/as e docentes de varios centros educativos da comunidade, destinaranse aos programas de protección da infancia que desenvolve a ONG Fundación Meniños.

En FANTAMIMO o espectador transita por un espectáculo composto por cinco historias independentes cun nexo de unión nos personaxes duns mimos que queren entrar no mundo da fantasía e aos que unha Emperador Malvado, similiar á Raíña de Alicia no País das Marabillas, non llelo permite. Historias interactivas onde personaxes extravagantes, raros e divertidos provocarán que nos mergullemos nun torrente de aventuras. Personaxes arrincados da fantasía do universo infantil e creados desde unha concepción do teatro como luz, movemento e emoción. Humor, fantasía, xogo, creatividade, tenrura, compañeirismo... cohesionan esta obra na cal se entrecruzan as aventuras de personaxes estrafalarios como Motoreta e Invisísifo (o contador de contos máis rápido de toda a galaxia); Bicicleta e Fétido (monstro que recolle o lixo que os humanos tiran aos ríos), Carballo (tenro mociño que personifica ás árbores autóctonas); Eucalipto (ser espúreo que todo o invade) ...

FANTAMIMO provoca no receptor a reflexión sobre temáticas tan variadas como o reparto das tarefas do fogar, o cambio climático, as consecuencias negativas da agresividade e do medo, a pureza do mundo rural, a relevancia da lectura na formación plena do ser humano, a realidade esquecida das persoas de máis idade, e a discriminación por motivos de raza, xénero ou crenzas…

Trátase dun espectáculo coral que persegue a finalidade de sensibilizar sobre a imperiosa necesidade de integrar e apoiar a todas as realidades sociais, sobre todo as máis desfavorecidas.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Principal   -   Sitio Web
Enderezo:
Rua da Paz, 9
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 12 Mai. | Yomelo Montosolo (Mesón Sas, Ourense)
infantil 02 Mai. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 17 Mai. | 42 Decibel (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 29 Mai. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
deportes 07 Mai. | Andaina solidaria (Praza do Concello da Peroxa, A Peroxa)
infantil 06 Mai. | Actividades scout (Espazo Xove, Ourense)
outros 21 Mai. | Andaina entre vides 'As granxas medievais do viño' (Museo Etnolóxico de Ribadavia, Ribadavia)
outros 19 Mai. | VI Xornada Portas Abertas Ruta Viño Ribeiro (Igrexa da Madalena, Ribadavia)
cinema 12 Xuñ. | Cabalo Diñeiro (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 22 Mai. | Contrafaces (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 03 Mai. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 06 Xuñ. | Dioses (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 23 Mai. | La escafandra y la mariposa (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
cinema 31 Mai. | O viaxante (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 15 Mai. | Hoax_Canular (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
infantil 06 Mai. | #Cine: Animación 3D (Aula Cemit Celanova, Celanova)
cinema 07 Xuñ. | A moza descoñecida (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 08 Mai. | A morte de Luís XIV (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 14 Xuñ. | Tolas de alegría (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 07 Mai. | Maios 2017 (Alameda de Ourense, Ourense)
outros 25 Mai. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
deportes 06 Mai. | 8 miles do Xurés (Parque Natural Xurés, Lobios)
cinema 05 Xuñ. | No Cow on the Ice + Tout le monde aime le bord de la mer (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 29 Mai. | Of the North (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 10 Mai. | Paterson (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 17 Mai. | Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes, Celanova)
cinema 03 Mai. | A doncela (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 02 Mai. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
cinema 24 Mai. | Unha historia de tolos (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 10 Mai. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 04 Mai. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner