vouaxenda.com

espacio blanco

Martes de Carnaval

Martes de Carnaval
Data:
sábado, 20 de maio
Hora:
20.30 h
Onde:
Teatro Principal - Ourense
Entrada:
de 10€ a 15€


O Centro Dramático Galego contribúe á incorporación de Ramón María del Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego, no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra, coa posta en escena de dúas pezas da triloxía 'Martes de Carnaval': 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán'.

A primeira, 'As galas do defunto', comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Juanito Ventoleira, soldado repatriado, acaba de chegar ao país e o primeiro que visita é un bordel. O destino desta sorte de Don Juan desgonzado crúzase co da Daifa, a heroína desta historia, unha muller forte á procura dunha saída. Está o Entroido moi presente nesta proposta, o habitar a pel do outro, a transformación a través do vestido, a aparencia como modo de supervivencia.

A segunda é 'A filla do capitán'. Para construír esta peza, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista, en 1913.

A partir da combinación destes dous incidentes, ValleInclán desprega a súa capacidade satírica e a súa acidez, para vinculalos nunha relación de causa-efecto e conformar así un bodegón da mediocridade e da corrupción de baixa estofa que imperaban nos altos estamentos políticos e militares. Isto é España, as miserias dos poderosos várrense debaixo da alfombra e aquí non pasou nada.

Do corazón desta gran chafallada nacional xorden os personaxes de Sini e O Mangante, unha sorte de Bonnie & Clyde, vítimas dunha patria que lles pasa por riba como unha apisoadora e contra a que se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a picaresca. 

Non será en absoluto complicado para o espectador atopar exemplos nos xornais dos últimos anos que sirvan para situar esta historia e comprobar que o esperpéntico espírito nacional non mudou demasiado. Pero ninguén como Valle-Inclán para airear con sorna e retranca as nosas miserias a través da súa pluma erudita.

Esta viaxe asegura unha travesía divertida, intensa e emocionante. Valle-Inclán presenta en Martes de Carnaval un delicioso río de inmundicia. Só nos resta tirarnos de cabeza e gozar do baño. A ocasión ben o merece.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Principal   -   Sitio Web
Enderezo:
Rua da Paz, 9
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner