vouaxenda.com

espacio blanco

El Apartamento

El Apartamento
Data:
venres, 17 de novembro
Hora:
21.00 h
Onde:
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras
Entrada:
sin confirmar


Cirk About it presenta no Barco "El Apartamento",  un espectáculo de circo para todos os públicos. A linguaxe corporal, equilibrios e saltos acrobáticos mesturados con humor compoñen unha peza na que a evasión está garantida. O venres 17 de novembro ás 21h. para toda a familia.

El Apartamento é de creación colectiva da propia compañía, a dirección é de Alfonso Alonso (El Gran Rufus) e o elenco está formado por Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García.

Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional. Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engadindo unhas pingas do mellor circo.

Acrobacias, saltos, portes e equilibrios para unha prometedora compañía que evolucionou desde a peza curta Tres al cubo, gañadora en 2014 do premio Off Circada, para presentar agora este espectáculo. Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, con pinceladas de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Vindos desde distintos lugares de España, os compoñentes desta compañía converxen nun mesmo punto e comparten a mesma paixón: o circo!

Circk About It é unha compañía nova que supón todo un revulsivo no panorama circense de Castela e León, especialmente na provincia de León, onde residen e contan con espazo de ensaio, adestramento e exhibición. Cunha formación fiel á súa enorme inquietude artística, é un exemplo dunha proxección e crecemento imparables, tanto no ámbito técnico coma artístico, desde que se fundara en 2013.

Entre os seus traballos cabe destacar o seu número curto Tres al cubo, gañador do Festival Circada 2014, e o seu actual espectáculo, El Apartamento, gañador do premio ao mellor espectáculo de rúa da Feira de Teatro de Castela e León de Ciudad Rodrigo 2016 e premio FETEN 2017 ao mellor espectáculo de rúa.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Lauro Olmo
Enderezo:
Estación, 2
Cidade:
O Barco de Valdeorras


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 28 Nov. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 25 Nov. | The Twist Connection (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 27 Nov. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
escea 25 Nov. | A Canción do Elefante (Teatro Principal, Ourense)
musica 01 Dec. | Alexis Taylor (Hot chip) (Liceo de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Andhrea & the Black Cats (A Corte dos Bois, Sandiás)
outros 24 Nov. | Curso iniciación a Antropoloxía (Tenda de Comercio Xusto Ourense, Ourense)
musica 08 Dec. | María Rodríguez & Margarita Viso Soto (Teatro Principal, Ourense)
musica 01 Dec. | Sandra Ferrández & Javier Fernández & Rubén Fernández Aguirre (Teatro Principal, Ourense)
cinema 04 Dec. | Berberian Sound Studio (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 25 Nov. | VIII Cantos de Taberna (A Pobra de Trives)
outros 28 Nov. | Club de lectura: Los restos del día (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
outros 24 Nov. | Presentación do libro "Oficio de Lecturas" (Librería Eixo, Ourense)
deportes 28 Nov. | XIX Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán (Sala Emilia Pardo Bazán, Ourense)
musica 24 Nov. | Cristina Gallardo Domas & Juan Durán (Teatro Principal, Ourense)
outros 29 Nov. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 08 Dec. | Meiriño & Cid, Asocia 2 (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
cinema 27 Nov. | Fuocoammare (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Gabi Buarque (A Arca da Noe, Vilar de Santos)
musica 29 Nov. | Los Hijos de la Montaña (Café Pop Torgal, Ourense)
cinema 12 Dec. | Hitchcock (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
musica 01 Dec. | The Sixtynine´s (Cafe bar Onde Queiras, Celanova)
outros 30 Nov. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
escea 02 Dec. | Nada que perder (Teatro Principal, Ourense)
cinema 20 Dec. | Psiconautas, os nenos esquencidos (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Psychedelic Witchcraft (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 29 Nov. | Paraíso (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 19 Dec. | Retrato dunha obsesión (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
cinema 13 Dec. | En corpo e alma (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 28 Nov. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 06 Dec. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 30 Nov. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
cinema 11 Dec. | Voyage à travers le cinéma français (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 29 Nov. | Xornadas Cubanas da Mocidade Comunista (Facultade de Ciencias da Educación, Ourense)
cinema 28 Nov. | Yves Saint Laurent (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)

masacritica

Banner