“Íntimo” é unha viaxe na procura da esencia da maxia. Alguén puxo no corazón do mago Teto a semente da maxia e a partires dese momento medrou nel un soño: O soño de ser mago. Para conseguir cumprir o seu soño o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Compostela.
Onde estará a esencia da máxia? Se cadra na música, na pintura, na literatura… Se cadra, neste século XXI, a esencia da maxia estea na ciencia: na transformación da materia, na fusión ou na fisión nuclear, no Universo, ou, nas matemáticas: “a linguaxe do Universo” ¿Atopará o mago Teto a esencia da maxia? Para sabelo haberá que acompañalo na súa viaxe.
Enviado por vouaxenda
VOU! Axenda.