vouaxenda.com

espacio blanco

O libro máxico

O libro máxico
Data:
domingo, 25 de marzo de 2018
Hora:
12.00 h
Onde:
Auditorio Municipal - Ourense
Entrada:
de 3€ a 4€


Espectáculo de teatro infantil de Migallas Teatro.

Sinopse:

Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Máis tarde os rapaces e rapazas irán en procura da lámpada marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.

O argumento desta peza teatral convida os rapaces e rapazas a vivir grandes aventuras lendo nos libros. Ademais trátanse temas como a discriminación; o exceso de autoridade; as relacións entre pais e fillos; o compañeirismo; a importancia da imaxinación, etc.

Recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Auditorio Municipal
Enderezo:
Rua da Canle, 2
Cidade:
Ourense

<<  Xaneiro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910
   

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 22 Xan. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 22 Xan. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 28 Xan. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 16 Xan. | Cold War (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 16 Xan. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 31 Xan. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
cinema 18 Xan. | The Guilty (Auditorio Municipal Manuel María de O Carballiño, Carballiño)
outros 22 Xan. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 16 Xan. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 17 Xan. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner