GRUPO: COMPAÑÍA MANOLO ALCÁNTARA (CATALUNYA)
ESPECTÁCULO: Rudo
AUTORES: MANOLO ALCÁNTARA
DURACIÓN: 60 MINUTOS
Sinopse: Rudo trata sobre as persoas que conviviron coa rudeza, o esforzo físico e os retos persoais levados a un extremo absurdo. No espectáculo, un home rudo crea torres e figuras con pesadas caixas de madeira. A fraxilidade das construcións sobre as que se alza, para facer precarios equilibrios, son froitos do desexo e da ilusión.
A música en directo (violín e violonchelo) fai de lírico contrapunto ao esforzo titánico do personaxe, que rosma, súa e non decae no seu delirio.
En Rudo o espectador atópase atrapado dentro dun espazo íntimo, nunha grada que semella estar a piques de caer, coma o protagonista cos seus equilibrios. Esta proximidade coa pista convida a compartir os perigos e arelas da vida.
Íntimo, precario, arriscado e tenro.
ENTRADAS Á VENDA NO AUDITORIO DESDE O 1º DÍA DA MITEU (12 de abril), 2 horas antes de cada función.
Enviado por vouaxenda
VOU! Axenda.