Escolla de 24 obras dos artistas Xurxo Oro Claro, Manuel Patinha, Paco Pestana e Silverio Rivas.
Fai agora vintedous anos,1994, a mostra Contravento e marea reuniu a catro dos máis significativos escultores galegos. Esta proposta escultórica foi itinerante polas cidades de Galicia, e no Centro Conde Duque de Madrid. A mostra recollia a pluralidade dos plantexamentos creativos destes catro escultores, conectaba cas formas e linguaxes do seu tempo, e miraba mais ala das rutinas artisticas.
Contravento e marea. Itinerarios converxentes supon , máis de duas décadas despois, unha nova mirada sobre as traxectorias de SILVERIO RIVAS, PACO PESTANA, XURXO ORO CLARO e MANUEL PATINHA. Unha reflexion en torno á súa evolución durante estes anos. Sobre como, cos mesmos ou diferentes materiais cos que traballan agora, permítenlles desenvolver novos conceptos, explorar novos camiños e atopar outras respostas. A madeira, a pedra e o metal son os materiais nos que fundamentalmente traballan estas artistas, permitenlles desenrolar novos proxectos e sobre todo, seguirse sorprendendo cos resultados obtidos.
Expresionismo, abstracciòn, conceptual, son elementos de dialogo entre as obras. Miradas singulares, moi personais, que chaman a emocion do publico.
E unha oportunidade unica para o publico ourensan de contemplar e contrastar a obra destes 4 artistas. Unha aproximacion á historia mais recente da nosa arte.
Enviado por vouaxenda
VOU! Axenda.