vouaxenda.com

espacio blanco

A medida do mundo (José Andrés Santiago)

A medida do mundo
Data:
mércores, 1 de febreiro - venres, 7 de abril
Onde:
Sala Alterarte - Ourense
Entrada:
gratuita


José Andrés Santiago formula nesta exposición titulada “A medida do mundo”, a cuestión de “mesurar”, nada máis e nada menos, que o “mundo”. Este “pequeno-gran” planeta azul no que habitamos, cartografándoo dende a complexidade e a multioptría. Nada é como parece, depende como o mires. Nos ollos está a medida. No invisíbel está o importante. Depende da “máquina de mirar” que utilices, o proceso transformará a realidade nun ente visual e conceptual completamente diferente. Di o artista: “Neste proxecto me plantexo unha categorización do mundo que nos rodea en base a outras unidades de medida. Ou o que é o mesmo, categorizar algunhas magnitudes que definen o noso mundo en termos sociais, sensoriais, vivenciais ou intuitivos, en vez de delegar nas unidades de medida convencionais.” Deste xeito, Santiago propón nesta mostra, outra mirada distinta ao mundo que nos rodea. Unha mirada dende a parte que define a “humanidade” que non ten que ver coa medida ou escala do corpo humano, senón desa parte inasíbel do “humano” que fala dende o sentimento e que ten que ver basicamente co amor. Convida ao espectador a que se esqueza dos parámetros aprendidos para deixarse levar pola marabillosa incertidume do explorador. Esa paixón que nos fai deambular polos mapas sen ter un rumbo fixo, nin uns prexuízos que a priori nos condicionen na viaxe. Convida ao espectador a sementar o principio de incertidume neste mundo tan cheo de dogmas. A soñar e deixarse levar polo máis fondo do seu corazón. A súa mirada fala do ollo que define o micro e o macro neste pequeno-gran planeta azul pero tamén do interior e do exterior do ser humano. Desa fina pel que o separa e desas fronteiras moles que distancian as categorizacións, os planetas, os países, os conceptos prefixados. Que pasaría se borráramos os límites? E se eses límites foran difusos, móbiles, cambiantes e cambiábeis? Que pasaría se nos cuestionáramos a “medida” coa que trazamos as separacións?

Como artista e investigador José Andrés Santiago amosa nesta exposición “A medida do mundo” o seu interese pola pregunta en si mesma, polo proceso de indagación como aposta válida para aportar coñecemento.

O latexo do teu corazón é a túa medida do teu mundo, e só depende de ti se te atreves a mirar ao teu arredor con esa “medida”.

Ana Soler Curadora da exposición

Enviado por vouaxenda

Onde:
Sala Alterarte   -   Sitio Web
Enderezo:
Campus Universitario As Lagoas - Pavillón 1, s/n
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


escea 30 Mar. | The Hole (Auditorio Municipal, Ourense)
infantil 31 Mar. | Taller de Smart Nenoos: Descubriendo el Talento (Centro Nenoos Ourense, Ourense)
infantil 28 Mar. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 27 Mar. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 29 Mar. | Os exames (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 29 Mar. | Camino a la escuela (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
infantil 01 Abr. | Actividades scout (Espazo Xove, Ourense)
outros 31 Mar. | 70's Party (Sala Berlín, Ourense)
cinema 03 Abr. | Cemetery of Splendour (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 04 Abr. | Coco, de la rebeldía a la leyenda de Chanel (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
outros 29 Mar. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 27 Mar. | Dedosd2 (Conservatorio Profesional de Música, Ourense)
cinema 06 Xuñ. | Dioses (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 31 Mar. | Dynamite (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 28 Mar. | El sueño de Ellis (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
musica 01 Abr. | 3ºer Encuentro de Musicos en Turismo Rural (Rectoral de Ansemil, Celanova)
cinema 23 Mai. | La escafandra y la mariposa (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
cinema 27 Mar. | Fráxil equilibrio (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 05 Abr. | O día máis feliz na vida de Oli Mäki (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 29 Mar. | Indar Galega & La Madre del Topo (O Renque, Ourense)
musica 01 Abr. | Iñaki Alberdi (Acordeón) (Liceo de Ourense, Ourense)
outros 30 Mar. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
cinema 04 Abr. | La muerte del Sr. Lazarescu (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 30 Mar. | Festa despedida O'Renque (O Renque, Ourense)
musica 06 Abr. | The Paperhead (Café Pop Torgal, Ourense)
musica 01 Abr. | Punkmavera 17 (El Pueblo Café Cultural, Ourense)
musica 01 Abr. | Stefano Ronchi & Marcos Coll (El Cercano, Ourense)
outros 28 Mar. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 29 Mar. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 30 Mar. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 28 Abr. | Formación de Yoga Dinámico (Centro Mandala, Ourense)

masacritica

Banner