En “59 citas para unha escultura ausente” Jorge Varela dispón en lousas rectangulares de mármore rosa portugués con gravacións de referencias textuais en torno ao tema da escultura. A maioría contén no seu título a palabra “escultura”, en cada unha delas no idioma orixinario da cita. “A mostra fala do proceso que sofre a escultura a partir dos anos 60, é dicir, como a partir dun momento dado a escultura comeza a enunciarse como un elemento negativo”, dixo o artista.
As lousas están colocadas ao longo de toda a parede da sala do Centro Cultural por orde de creación e en canto á tipografía empregada.
Enviado por vouaxenda
VOU! Axenda.