vouaxenda.com

espacio blanco

Voando o pasado (Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia)

Voando o pasado
Data:
venres, 6 de outubro de 2017 - domingo, 10 de decembro de 2017
Onde:
Sala de exposicións Afundación - Ourense
Entrada:
gratuita


A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico ademais de ofrecer imaxes vistosas e mesmo espectaculares dos xacementos é, por riba de todo, unha ferramenta de traballo que detecta as anomalías na superficie da terra derivadas da presenza do home. Son as trazas ou indicios –de microrrelevos, de crecemento diferencial da vexetación, de humidade…- que correctamente descifradas, como se dun código secreto se tratase, fan visibles elementos ocultos do solo e/ou subsolo, axudando así a identificar, estudar e protexer os diferentes bens que conforman a memoria material do noso pasado.

A exposición, nucleada por imaxes aéreas oblicuas a baixa altura obtidas polo fotógrafo Gerardo Gil, por encargo da Sección de Arqueoloxía do Instituto “Padre Sarmiento” de Estudos Galegos (IPSEG), a comezos da década dos noventa do século pasado, aparece ademais complementada por datos relativos aos pioneiros da imaxe aérea en Galicia, xa desde comezos do século XX -a chegada dos globos aerostáticos e dos primeiros aeroplanos ao ceo galego-. A experiencia do IPSEG, que foi pioneira en Galicia, non tivo, non obstante nin a continuidade nin o recoñecemento que debera ter merecido, pese a ser hoxe xa unha parte máis da historia da arqueoloxía galega en canto experiencia metodolóxica singular.

Estruturada en base a oito grupos temáticos, o núcleo da exposición aborda desde aqueles xacementos que se corresponden coa paisaxe monumental castrexa ata os relacionados co encastelamento medieval, para logo ofrecer algunhas visións en positivo e en negativo dalgúns xacementos, conxugando ademais a imaxe oblicua baixa da década dos noventa con imaxes aéreas verticais máis antigas e de tipo fotogramétrico. Finalmente, remata cos traballos de fotointerpretación levados a cabo na Cidade de San Cibrao de Las durante os anos 1991 e 1992, tendo en conta que a fotointerpretación debe ser o obxectivo final da arqueoloxía aérea.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Sala de exposicións Afundación   -   Sitio Web
Enderezo:
Praza Mayor, 4
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 27 Feb. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 26 Feb. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
deportes 03 Mar. | Taller de acrobacia (Tics-Espazo de Formación Artístico, Ourense)
escea 04 Mar. | Blackbird (Teatro Principal, Ourense)
outros 27 Feb. | Club de lectura: Laëtitia o el fin de los hombres (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
cinema 09 Mar. | L'Inferno. Cinema mudo e música ao vivo (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
cinema 15 Mar. | Ciclo de Cine Social (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 28 Feb. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
escea 01 Mar. | Elisa e Marcela (Auditorio Municipal, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
infantil 27 Mai. | Fantasía coas palabras (Auditorio Municipal, Ourense)
cinema 21 Mar. | Lo que de verdad importa (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
outros 29 Mar. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
escea 18 Abr. | O Tolleito de Inishmaan (Auditorio Municipal, Ourense)
musica 13 Abr. | AtrabiliS + Sordida Nox (Swass, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 21 Abr. | Alberto (saxofón) e Niara (piano) (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 26 Mai. | RomeríaRock Arenteiro (Carballiño)
escea 03 Mar. | Sénior (Auditorio Municipal, Ourense)
outros 17 Mar. | Taller de claqué (Tics-Espazo de Formación Artístico, Ourense)
outros 27 Feb. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 28 Feb. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 01 Mar. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner