Sonia González Conde (pintura) é nada o 28 de Marzo de 1971 en Ourense. Xa dende moi nova sentiu paixón polas artes en xeral e a pintura en particular. Mais non é ate 2014 e nunha illa coma Menorca onde pode dar forma ás súas inquedanzas pictóricas, nun entorno cheo de tranquilidade, con bastante sensibilidade cultural, e grazas á axuda de Jorge Alday e a súa academia CREAE, situada en Maó.
Defínese como unha nena xogando cos trazos e as cores, que se propón crear cousas sen prexuízos nin parámetros establecidos. Esta edición de ContemporáneA será a súa estrea nunha exposición, e a oportunidade de amosar ás persoas as súas inquedanzas, pensamentos e soños a través do lenzo.
***
Ceos galegos: un paseo cultural, astronómico e fotográfico. Da man de nove dos mellores fotógrafos galegos da noite temos unhas imaxes espectaculares. Varios faros, unha catedral, un canastro, unha illa, varias praias, catro galaxias, algo de contaminación luminosa e moitas, moitas estrelas. Editado e producido por X. Dositeo Veiga.
ceosgalegos.com
Enviado por nocturno
VOU! Axenda.