vouaxenda.com

espacio blanco

dubidas

Rexistrarse na web  locked

Envío de eventos  add


Rexistrarse na web  locked

¿QUE VANTAXES TEÑO SE ME FAGO VOU?

Rexistrarse é voluntario e gratis.

Ó estar rexistrado en vouaxenda, poderás participar nos sorteos da web, deixar comentarios no foro e nos eventos da axenda, editar  as tuas mensaxes, ou enviar os teus propios eventos.

¿CÓMO ME REXISTRO?

Accede na marxe esquerda da web ó último apartado do menú de login REGISTRESE AQUI.

registrese

Completa alo menos os campos marcados con asterisco, os referidos á túa conta. Pensa que o nome de usuario é o que se verá cando deixes unha mensaxe ou comentario.

registro

Cando remates, preme no botón do final da páxina REGISTRATE.  botonregistro

Recibirás un correo electrónico para que valides a túa conta. En canto o fagas formarás parte da comunidade VOU.

¿OS MEUS DATOS DE REXISTRO SERÁN PÚBLICOS?

Non, os teus datos son confidenciais, sólo será público o teu nome de usuario, cando deixes comentarios ou mensaxes no foro.

Os teus datos personais pasarán a formar parte dunha base de datos xestionada con responsabilidade a efectos do establecido na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, e de la Ley 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico (LSSI).

vouaxenda non utiliza os teus datos para fines comerciais, nin os comparte con terceiros. Os teus datos só se empregan para efectos da administración do sitio web.

¿PODO DARME DE BAIXA?

Por suposto. En calquer momento podes exercer o teu dereito de rectificación e cancelación dos teus datos personais, solicitándoo  por correo electrónico na dirección Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .


Envío de eventos  add

 ¿CÓMO ENVÍO UN EVENTO?

Os eventos envíanse dende o botón ENVIA EVENTO, no menú da esquerda da web. Por cuestións anti-spam, só poden enviar eventos os usuarios rexistrados en vouaxenda.

envia evento

¿TEÑO QUE COMPLETAR TÓDOLOS CAMPOS DA FICHA DO EVENTO?

Non. Só son obligatorios título, lugar,  categoría e data de inicio. Pensa que canta máis información aportes, máis atractivo farás o teu evento.

nuevo_evento

¿CÓMO CUBRO O CAMPO DE LUGAR?

Usa o botón buscarlugar e accede ó buscador, hai máis de 350 lugares na base de datos. 

Introduce no campo de búsqueda o lugar que procuras e clica en IR.

busqueda_lugar 

NON ATOPO O LUGAR ASOCIADO Ó MEU EVENTO, ¿QUÉ FAGO?

Se buscas un lugar  e non o atopas, terás que engadilo. Preme no botón AGREGAR LUGAR NUEVO.

lugarnuevo

¿TEÑO QUE ENCHER TÓDOLOS CAMPOS Ó ENGADIR UN NOVO LUGAR?

Non. Só se precisa que haxa un nome, pero é recomendable completar tamén  os datos do enderezo, código postal e provincia, para que funcione o servicio de mapas.

O EVENTO QUE QUERO ENGADIR NON ENCAIXA EN NINGUNHA CATEGORÍA, ¿QUÉ FAGO?

Asocia o teu evento á categoría OUTROS, nela teñen cabida os eventos que non encaixan en ningunha das outras.

¿CANDO INFORMO DA DATA FINAL?

Únicamente cando o evento dure máis de un día.

¿CANDO INFORMO DA HORA FINAL?

Cando se coñece a hora exacta na que  finalizará o evento.

¿CÓMO COMPLETO O CAMPO SOBRE AS ENTRADAS?

Se non coñeces o prezo  da entrada, selecciona ‘sin confirmar’. Se hai un ou varios prezos, selecciona a opción correspondente e introduce na/s casiña/s o/s prezo/s referidos ó evento. Se hai decimais, sepáraos cun punto. No caso de entradas gratuitas ou con invitación, selecciona a opción correspondente.

¿CANDO CUBRO O CAMPO REFERENTE Á RECURRENCIA?

Só se o evento se repite varios días, cunha periodicidade determinada. Se o evento é dun único día, deixa marcada a opción por defecto: nada.

ENVIEI UN EVENTO E NON APARECE NA PÁXINA ¿POR QUÉ?

Os eventos non se publican automáticamente na axenda. Por motivos anti-spam e de coherencia de contidos son revisados antes de ser en publicados. A páxina actualízase a diario, non has tardar en atopar o teu evento no calendario.

¿QUÉ FAGO CANDO TEÑA COMPLETOS TÓDOLOS CAMPOS?

Volve ó inicio da páxina e preme no botón GUARDAR.

O EVENTO QUE SUBÍN CANCELOUSE, ¿QUÉ FAGO?

Envía un correo a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla informando da cancelación. O evento será despublicado.

O EVENTO QUE ENVIEI SUFRIU MODIFICACIÓNS, ¿QUÉ FAGO?

Envía un correo a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla comunicando os cambios correspondentes.  O evento será modificado.

¿PODO VER EVENTOS DE DATAS PASADAS?

Si, os eventos pasados pasan ó  arquivo. Se premes no botón de arquivo, na parte superior dereita dentro dunha categoría, poderás acceder ó arquivo desa categoría e consultar eventos pasados. 



Se tés algunha dúbida que non fora resolta, envía un correo a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

INICIO DA PÁXINA

 

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 28 Nov. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 25 Nov. | The Twist Connection (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 27 Nov. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 01 Dec. | Alexis Taylor (Hot chip) (Liceo de Ourense, Ourense)
outros 24 Nov. | Curso iniciación a Antropoloxía (Tenda de Comercio Xusto Ourense, Ourense)
cinema 04 Dec. | Berberian Sound Studio (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 25 Nov. | VIII Cantos de Taberna (A Pobra de Trives)
outros 28 Nov. | Club de lectura: Los restos del día (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
infantil 26 Nov. | Contacreques (Auditorio Municipal, Ourense)
outros 22 Nov. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 22 Nov. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 08 Dec. | Meiriño & Cid, Asocia 2 (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
cinema 27 Nov. | Fuocoammare (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 29 Nov. | Los Hijos de la Montaña (Café Pop Torgal, Ourense)
infantil 16 Dec. | Pequenas Xornadas: Cantos en tubos (Igrexa de Fátima, Ourense)
cinema 22 Nov. | O amante dobre (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 30 Nov. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
cinema 20 Dec. | Psiconautas, os nenos esquencidos (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Psychedelic Witchcraft (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 29 Nov. | Paraíso (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 13 Dec. | En corpo e alma (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 28 Nov. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 22 Nov. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 23 Nov. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
cinema 11 Dec. | Voyage à travers le cinéma français (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)

masacritica

Banner