A Feira de Cartelle celébrase tódolos días 4 e 18 de cada mes, sen excepción, e como tal está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando... A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais... Ao medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.
Hoxe en día a actividade do mercado é moito menor (hai postos de mercado retallista como zapatos, roupa, xoguetes, flores, etc) pasando a ser a gastronomía a parte esencial da Feira. Dende a primeira hora as caldeiras do polbo fumegan e os comerciantes montan os seus postos. A Feira converteuse nun día de encontro e tranquila conversa, un día de culto profano ao rico polbo e aos nosos pratos (callos, cocido, carne arreglada, bacallao...) que se poden degustar nas tabernas da localidade, acompañados dun bo viño da terra; e ao final, a especialidade típica: unha copiña de herbas ou de licor café.
No mercado tamén se poden adquirir os máis variados productos da zona: pitas, fabas, allos, mel, artesanía, etc.
Enviado por feiradecartelle
VOU! Axenda.