vouaxenda.com

espacio blanco

Actividades scout

Actividades scout
Data:
sábado, 22 de abril
Hora:
16.30 h
Onde:
Espazo Xove - Ourense
Entrada:
gratuita


Realizamos actividades todos os sábados de 16:30 a 19:30 con nenos e nenas de entre 8 e 13 anos, traballando por grupos de idade. As actividades que realizamos son do tipo: xincanas, rastrexos, orientación, rutas, talleres de cociña, primeiros auxilios, etc., buscando o contacto coa natureza sempre que é posible. Todo isto facendo xogos e pasándoo ben. En ocasións tamén temos actividades especiais (saídas de campo que duran todo o día, campamentos, etc.); para informarte delas podes consultar a nosa páxina web (www.scoutsourense.org).

O primeiro día a actividade é gratuíta, e se precisa levar unha autorización paterna/materna que podes conseguir na nosa páxina web (http://scoutsourense.org/documentos) ou solicitándoa por correo a  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla . Tamén pódese cubrir xusto antes da actividade.

Somos unha asociación onde todo o persoal está formado por voluntarios, pero a pesar diso temos uns gastos de material e seguros. Para cubrir estes gastos temos que cobrar unha pequena cota, para o cal podes optar entre unha cota bimensual ordinaria de 25€ (12,5€/mes) ou unha cota bimensual solidaria (15€/mes). Queremos que todos os rapaces e rapazas que participen do grupo estean convencidos das actividades, polo que esta cota só se cobraría se lles gusta e queren seguir despois do primeiro día de proba gratuíta.

O obxectivo final está orientado a acadar a educación en valores que promove o escultismo. A misión do escultismo é contribuír á educación dos mozos e mozas para axudar a crear un mundo mellor onde as persoas poidan desenvolverse como individuos e xogar un papel construtivo na sociedade.

Enviado por Grupo Scout Ilex

Mapa
Onde:
Espazo Xove   -   Sitio Web
Enderezo:
Celso Emilio Ferreiro, 27
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 25 Nov. | The Twist Connection (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 27 Nov. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 01 Dec. | Alexis Taylor (Hot chip) (Liceo de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Andhrea & the Black Cats (A Corte dos Bois, Sandiás)
cinema 04 Dec. | Berberian Sound Studio (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 28 Nov. | Club de lectura: Los restos del día (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
musica 08 Dec. | Meiriño & Cid, Asocia 2 (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
cinema 27 Nov. | Fuocoammare (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Gabi Buarque (A Arca da Noe, Vilar de Santos)
musica 29 Nov. | Los Hijos de la Montaña (Café Pop Torgal, Ourense)
cinema 12 Dec. | Hitchcock (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
musica 01 Dec. | The Sixtynine´s (Cafe bar Onde Queiras, Celanova)
outros 30 Nov. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 24 Nov. | Psychedelic Witchcraft (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 19 Dec. | Retrato dunha obsesión (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
outros 28 Nov. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
cinema 11 Dec. | Voyage à travers le cinéma français (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 28 Nov. | Yves Saint Laurent (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)

masacritica

Banner