vouaxenda.com

espacio blanco

O corazón de Auria

O corazón de Auria
Data:
xoves, 23 de abril de 2015 - sábado, 25 de abril de 2015
Multisesión
20.00 h, 19.00 h e 12.00 h
Onde:
Catedral de Ourense - Ourense
Entrada:
gratuita


Co gallo do día do libro nas inmediacións da Catedral, realizarase un espectáculo teatral sobre o universo literario da cidade de Ourense o xoves 23 de abril (ás 20h00), o venres 24 de abril (ás 19h00) e o sábado 25 de abril (ás 12h00 e 20h00).

'O corazón de Auria' basease no pasado literario da cidade, coma o libro de Eduardo Blanco Amor 'La Catedral y el niño'.

A representación terá como punto de partida a escalinata da fachada principal da Catedral – na Praza de San Martiño - para continuar facendo o percorrido arredor da propia Catedral pola praza do Trigo seguindo pola praza dos Suaves, encarando a rúa Juan de Austria ata a Porta norte, para dende alí volver ao lugar onde dera comezo e onde rematará o espectáculo, a Fachada principal da Catedral.

'O corazón de Auria' concibe á Catedral coma o corazón de Ourense, centro e sé dos seus sentimentos e tamén coma un libro no que se contén a historia da cidade. Se o libro alude a un tipo de saber racional, o corazón faino a un saber intuitivo pero non menos veraz. Relacionamos estas dúas formas de saber con Ourense, a cidade da historia e Auria, a cidade da lenda.

O espectáculo é inédito e foi creado para a ocasión, coa pretensión de pór en valor o patrimonio da cidade ao mesmo tempo que celebrar o día internacional do libro. O Corazón de Auria e unha obra escrita polo dramaturgo Fernando Pedrido e dirixida polo ourensán Tito Asorey.  

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Catedral de Ourense
Enderezo:
Plaza Trigo, s/n
Cidade:
Ourense

<<  Decembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
101112131416
17212223
242526282930
      

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 18 Dec. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 18 Dec. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 31 Dec. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 19 Dec. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 27 Dec. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 18 Dec. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 19 Dec. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 20 Dec. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner