vouaxenda.com

espacio blanco

Canto Vital (Manuel Teira)

Canto Vital
Data:
xoves, 2 de xullo de 2015 - domingo, 2 de agosto de 2015
Onde:
Fundación Vicente Risco - Allariz
Entrada:
gratuita


Vinculado dende moi novo ás vangardas artísticas e a proxectos e organizacións culturais, Manuel Teira desenvolveu ininterrompidamente dende a década do 70 unha longa actividade cultural.

Colaborou ao longo destes anos con diversos colectivos. Pintor, autor da homenaxe ao escritor Anxo Rei Ballesteros.

Escultor, cabe reseñar, entre outras, a súa mostra de escultura na colectiva da galería Bomarzo cos pintores Alfonso Costa, Manuel Ayaso e J.M. Fontaíña. É destacábel a súa participación na mostra Iberoamericana cunha mostra dos seus murais en mármore, na Feira Internacional de Marbella ( 2009 e 2010 ), así como na Feira Internacional de Vigo, Puro Arte, ou no 25 aniversario do Instituto Barreras Puente.

Autor dunha importante obra en mosaico, pedra e, ultimamente mármore. Algunhas das súas obras poden verse en lugares públicos, pero sobre todo en coleccións privadas. Unha das súas últimas exposicións foi no Centro Español La Nacional de Manhattan ( Nova York ), e destacábel a selección das súas obras para a exposición do Xardín Espazo Coruña. No ano 2012 fai unha importante mostra retroespectiva de escultura e pintura, que se levou a cabo no Pazo Torre de Xunqueiras, xunto cunha mostra moi ampla das súa obra escultórica no Liceo de Noia.As últimas mostras da súa obra leváronse a cabo no Museo do Gravado de Artes, e na galería compostelán, El Taller. No mes de Outubro do 2013 participa coa súa instalación “ Comede “, un bodegón tallado en pedra e policromado e pan de ouro de 24 kilates no Forum de Carballo. No mes de Xaneiro do 2014 participa na exposción internacional India Art Fair 2014 da man da Madrileña galería Gaudí, e paralelamente fai unha mostra das súas esculturas na galería madrileña e no compostelano local de Campanas de Xan Xoán cunha mostra da súa obra escultórica e mural. En Outubro do 2014 expón no Centro Empresarial do Tambre, en Santiago de Compostela, unha importante colección de debuxos, escultura e murais

Outras das particularidades da súa obra, son tamén as interpretacións das súas coñecidas performances.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Fundación Vicente Risco   -   Sitio Web
Enderezo:
San Lorenzo, 3
Cidade:
Allariz

<<  Abril 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22262728
30     

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner