vouaxenda.com

espacio blanco

Presentación 'A galera de Xelmirez'

Presentación 'A galera de Xelmirez'
Data:
venres, 18 de decembro de 2015
Hora:
20.30 h
Onde:
Fundación Vicente Risco - Allariz
Entrada:
gratuita


Presentación da obra de Xabier Paz, "A galera de Xelmirez".

Sinopse: Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas súas novidades e encontros, suporá unha vía de autocoñecemento de consecuencias tráxicas. Fuxón vai ser o máis afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocarán nel unha fascinación irreparable. Co decorrer das xornadas mudarán as relacións entre Fuxón e Stefano, que deixarán de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxón, tornará en grave obriga para Stefano. Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e político, os tres viaxeiros apenas gustarán de canto lles ofrece o camiño: a presenza islámica, as novidades litúrxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectáculo antes que realidade. Tan só Francesco, coa súa inocencia, será quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguirá adaptarse no novo país. Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.

Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas dedicou boa parte da súa vida á investigación (biólogo pesqueiro) no Centro Oceanográfico de Vigo. Na década de 1980 foi colaborador do Suplemento «As Artes e as Letras» do Faro de Vigo e posteriormente das revistas Sobremesa e Viajes de National Geographic, así como da revista galega de pensamento crítico Inzar Razóns. Como escritor, publicou as novelas Renacer (Xerais, 2008), As vidas de Nito (Xerais, 2013) e A galera de Xelmírez (Xerais, 2015); os poemarios Sedimentos (2001), No canto do mar (2005), Materia de Lucrecio (Xerais, 2006), Filoxenia do sangue (2006) e Cantos milesios (2007). Tamén é autor do libro Follas do bacallau (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de gran altura.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Fundación Vicente Risco   -   Sitio Web
Enderezo:
San Lorenzo, 3
Cidade:
Allariz

<<  Abril 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22262728
30     

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner