vouaxenda.com

espacio blanco

Gentlemen Singers (X Festival Pórtico do Paraíso)

Gentlemen Singers
Data:
sábado, 4 de marzo de 2017
Hora:
19.30 h
Onde:
Colexiata Santa María a Real - Xunqueira de Ambía
Entrada:
gratuita


"Evocations" Obras de Part, Tallis, Monteverdi, Poulenc, Beatles, entre outros

ensemble vocal Gentlemen Singers é o único octeto vocal masculino profesional da República Checa. O grupo gañou varias competicións internacionais e frecuentemente forma parte da programación dos festivais máis prestixiosos do mundo, desde os Estados Unidos a Corea do Sur. Deu máis de 500 concertos en vinte e tres países de catro continentes e editou sete CD desde a súa formación en 2003, con grande éxito e moi boas críticas.

Os seus compoñentes tamén organizan unha vez ao ano o festival Sborovés lavnosti • Czech Choir Festival na localidade de Hradec Králové, na República Checa. Con este festival pretenden promover a música checa fóra do seu país e, asemade, daren a coñecer a coros de distintos países do mundo na República Checa.

Parte fundamental da actividade dos Gentlemen Singers é a educación musical. Organizan distintos cursos e clases maxistrais tanto para coros como para solistas. Os membros do grupo nútrense da propia experiencia froito da colaboración con outros grupos, directores, mestres de coro e compositores.

Gentlemen Singers converteuse en embaixador da escola coral checa e recibe o apoio oficial do concello de Hradec Králové, do goberno da rexión de Hradec Králové e do Ministerio de Cultura da República Checa.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Colexiata Santa María a Real
Enderezo:
Plaza San Rosendo
Cidade:
Xunqueira de Ambía

<<  Decembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
1016
171820212223
242526282930
      

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 11 Dec. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 11 Dec. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 31 Dec. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 12 Dec. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
musica 14 Dec. | Entrega y demolición (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
outros 27 Dec. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 11 Dec. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 19 Dec. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 13 Dec. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner