vouaxenda.com

espacio blanco

Stefano Ronchi & Marcos Coll

Stefano Ronchi & Marcos Coll
Data:
sábado, 1 de abril
Hora:
21.00 h
Onde:
El Cercano - Ourense
Entrada:
de 8€ a 10€


Stefano Ronchi & Marcos Coll voltan a Galicia para presentar ó seu primeiro disco Street Preachin, último na longa lista de Marcos Coll. En directo son puro country blues. Un estilo antigo e conmovedor acercándose á mellor das tradicions bluseiras misturado con innovacións coma samplers e incluso atrevendose co hiphop. Todo un luxo nun formato reducido onde Stefano e Marcos mostranse virtuosos e cautivan o público dende o comenzo do concerto nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio show.

Stefano "Slidin 'Wolf" Ronchi é un guitarrista e cantante de blues italiano. O seu repertorio musical centrase na música folklórica negra dos anos 20 e 30, dende o delta blues ata piedmont blues. Stefano ven xirando por todo o mundo compartindo escenario con bluesman conemporáneos coma Lurrie Bell, James Wheeler e nesta ocasión acompañado polo noso Marcos Coll ó que coñece en Berlín nas lexendarias Monday Jelly Roll Session do mítico White Trash. Rápido conectan e gravan o seu primeiro disco “ Street Preachin” grabado e producido íntegramente en Berlín nos estudos Goovin Tomato , un traballo onde plasman 10 cancións unhas compostas por eles e algunha versión retorcida de clásicos do blues. Conta con colaboracións espectaculares da escena berlinesa.

De Marcos Coll pouco podemos dicir que non se dixera, os seus inicios na Tonky Blues Band ó abandonar Galicia para buscar fortuna en Madrid, as xiras con Mick Taylor (guitarrista dos Rolling Stones ), Buddy Miles ( Batería de Jimi Hendrix ou Santana ), o concerto con Tom Jones nunha sala madrileña, a formación dos REYES DEL K.O xunto con Adrián Costa, e onde comparten escenario con aútenticas lendas como Buddy Gay, Chuck Berry, Jhony Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals, ou Fabulosos Thunderbirds. O seu traslado a Berlín onde non deixa de xirar por todo o mundo, os Mighty Calacas, e convertirse en endorser e referente de HOHNER, a marca de armónicas máis importantes do mundo. Marcos hoxe está considerado un dos millores armónicas de Europa, circuito habitual dos seus directos.

Enviado por Doppler

Mapa
Onde:
El Cercano
Enderezo:
Cardenal Quevedo, 20
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 29 Mai. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 22 Mai. | The Black Jazz Collective Wayne Escoffery (Café Latino, Ourense)
musica 24 Mai. | Pepe Habichuela. Invitado especial David de Jacoba (Café Latino, Ourense)
musica 24 Xuñ. | Iván Ferreiro (Praza Maior, Ourense)
musica 26 Mai. | Laura e Pablo Duo (A Arca da Noe, Vilar de Santos)
cinema 10 Xuñ. | A cidade dos nenos perdidos (As Burgas, Ourense)
cinema 27 Mai. | La nostra vita (Escalinatas Santa María Nai, Ourense)
outros 23 Mai. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner