vouaxenda.com

espacio blanco

O Sonoro Maxín (SE7EDEZASE7E)

O Sonoro Maxín
Data:
sábado, 22 de abril
Hora:
22.00 h
Onde:
El Pueblo Café Cultural - Ourense
Entrada:
de 5€ a 10€


Presentación de Sete Dezasete, o novo traballo de O Sonoro Maxín.
Entradas a 5 € anticipada, 7 € no concerto e 10 € co disco.

O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, sen ter nin idea de quen eramos, comezamos asubiar as cancións que máis tarde iamos descubrir, os nosos pés botáronse a bailar uns ritmos que non coñecían, nos nosos soños apareceron xentes que nunca antes viramos. Hoxe, en abril de 2017, presentamos unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas.

O 7 e o 17 son dous números importantes para nós. Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense, entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.

O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos… Todo o que che cómpre!

As músicas de “sete dezasete” nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente.

Cada día na nosa cabeza,
nos nosos pés,
no noso corazón,
na nosa vida
imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.

Enviado por vouaxenda

El Pueblo Café CulturalMapa
Onde:
El Pueblo Café Cultural
Enderezo:
Hernán Cortés, 26
Cidade:
Ourense

<<  Outubro 2017  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      
     

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 30 Out. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 01 Dec. | Alexis Taylor (Hot chip) (Liceo de Ourense, Ourense)
musica 28 Out. | Caxade (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 27 Out. | Comanchería (Auditorio Municipal de Carballiño, Carballiño)
musica 05 Nov. | Dorian Wood (Auditorio Municipal, Ourense)
musica 30 Out. | Mark Eitzel (Auditorio Municipal, Ourense)
musica 18 Nov. | Red House (Teatro Principal, Ourense)
musica 17 Nov. | Hendrik Röver & Los Míticos GTs + Shanna Waterstown (Teatro Principal, Ourense)
musica 29 Nov. | Los Hijos de la Montaña (Café Pop Torgal, Ourense)
cinema 10 Nov. | I am not your negro (Auditorio Municipal de Carballiño, Carballiño)
cinema 03 Nov. | Júlia Ist (Auditorio Municipal de Carballiño, Carballiño)
outros 26 Out. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
escea 21 Out. | Os carniceiros (Casa da Cultura de Barbadás, Barbadás)
outros 24 Out. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
escea 21 Out. | Zenit – La realidad a su medida. (Teatro Principal, Ourense)

masacritica

Banner