vouaxenda.com

espacio blanco

Sweet California (Festas de Ourense 2017)

Sweet California
Data:
venres, 30 de xuño
Hora:
23.00 h
Onde:
Xardín do Posío - Ourense
Entrada:
de 5€ a 7€


Enmarcada na xira 'Ladies´Tour',  o trío "Sweet California" actuará no Xardín do Posío para achegar ao público ourensán o mellor do seu repertorio. 

A súa forte ligazón cos seguidores plásmase de xeito especialmente notorio nas redes sociais. Os vídeo clips e vídeo blogs semanais de Sweet California son unha sensación en YouTube, e converten a banda nunha das youtubers máis potentes do país, con máis de 400.000 subscriptores e 120 millóns de visualizacións en tempo récord. Foron nominadas e gañadoras de premios como o MTV Europe Music Awards, como mellor artista español de 2015, Pemios 40 Principais a artista revelación e videoclip, e Premio Neox á mellor artista, entre outros

Sweet California chegou ao número 1 dos discos máis vendidos no noso páis xa co seu primeiro álbum, "Break of Day" (2014), obtendo un disco de ouro por superar as 20.000 unidades vendidas.

Máis lonxe aínda chegou o seu segundo álbum: "Head for the Stars" (2015), que bateu o récord de 4 semanas no número 1 vendas en España, sumando 52 semanas en listas sen baixar do posto 11. Disco de Platino (que se concede aos que superan as 40.000 copias), suma xa 78 semanas na lista de discos máis vendidos en España, onde segue na actualidade, sendo o álbum que máis semanas acumula en listas, só superado polos últimos traballos de Pablo López e Alejandro Sanz.

"3" é o seu último disco, que saíu en decembro directo ao número 2 en vendas. En só 2 semanas acadou o disco de ouro e xa leva 15 semanas na lista de discos máis vendidos en España (actualmente o número 23). É o traballo que presentan nesta nova·Ladies´ Tour, que os traerá o 30 de xuño á nosa cidade.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Xardín do Posío
Enderezo:
Coruña, 10
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 04 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 31 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 28 Xuñ. | Burning (Praza Maior, Ourense)
outros 30 Xuñ. | Intercambiador de roupa!! (Tenda de Comercio Xusto Ourense, Ourense)
musica 01 Xul. | The Neighbour + The Phantom Dragsters + The Preachers (A Corte dos Bois, Sandiás)
outros 28 Xuñ. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Out. | Mark Eitzel (Auditorio Municipal, Ourense)
musica 01 Xul. | MCarballo Band + The Limboos + Arizona Baby (As Burgas, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 29 Xuñ. | Curso Escritura Creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 29 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 22 Set. | Molly Burch (Café Pop Torgal, Ourense)
escea 29 Xul. | Avelino González: Contos de contrabando (Campo da festa de Zarracós, Zarracós - A Merca)
outros 04 Xul. | Curso Escritura Creativa (Bok2, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Sweet California (Xardín do Posío, Ourense)
outros 04 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 05 Xul. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 29 Xuñ. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner