vouaxenda.com

espacio blanco

Festival Ao Compaz

Festival Ao Compaz
Data:
venres, 18 de agosto de 2017 - domingo, 20 de agosto de 2017
Onde:
Saumede - A Bola
Entrada:
gratuita


O Festival Ao Compaz, promovido pola Asociación El Pueblo Saumede, chega este ano á súa séptima edición e presenta de novo unha verbena alternativa de entrada gratuíta, con algúns dos proxectos máis interesantes do panorama musical galego e pinchadas ata o amencer. Como sempre, o cartel (deseñado pola artista galega Pepa Prieto Puy) equilibra o risco e a pura celebración que se experimentaron en edicións anteriores. Para mostra, un vídeo que recolle o espírito de edicións anteriores.

Así, o 18, 19 e 20 de agosto pasarán por Saumede dezasete proxectos ben diversos que serven para bailar, para sentir emocións intensas ou, directamente, para flipar nun enclave cheo de maxia. O eclecticismo é a única pauta: teremos o rock de vangarda de Cró!, pero tamén a cumbia moderna de Esteban & Manuel, ou o punk anárquico de Lamprea Explosiva e o delicado electropop de Ocre. Haberá pop fermoso como o de Zurraspa e violencia electrónica como a de Glitchgirl; maxia vocal como a de MounQup, rock pantanoso como o de Thee Boas e melodías noise como as de Meus, ademais do regreso de vellos coñecidos do festival como os imprevisibles Monstruo e MontañaMuerte, que poñerá música en directo ao filme Acariño galaico de José Val del Omar. A maiores, o eclecticismo seguirá na pista de baile cunha serie de pinchadas ben variadas a cargo de Aries, Super Noodles, Sister Act 2 djs, Amanecer Dorado djs, Touro dj e VitaminC dj, que pasarán do hip hop ao tropicalismo, do merengue e a salsa ao northern soul ou o italodisco. O festival finalizará o domingo ofrecendo unha sesión vermú con máis pinchadas, mercadiño de artesanía e produtos ecolóxicos, xogos tradicionais, zona infantil e o xa mítico campionato internacional de petanca de Saumede.

Para facilitar o desfrute do festival, Saumede ofrece unha zona de acampada e aparcamento gratuitos, ademais dun bar no que se servirá comida e bebida, sempre con opcións vexetarianas e a prezos asequibles. O resto de recomendacións e información sobre o festival e como chegar atópanse neste evento de Facebook.

Saumede é unha aldea do século XVII ubicada no concello de A Bola, que foi abandonada hai décadas ata que case todas as súas construcións quedaron en ruínas. Como calquera ruína, é un sitio fascinante pola pegada do pasado e, á vez, frustrante polo seu grao de abandono. Porén, de vez en cando, entre esas ruínas volven xuntarse as persoas e a aldea volve existir en presente dentro do fabuloso espazo no que se sitúa, declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO pero a só 35 km de Ourense. 

Organiza Asociación El Pueblo Saumede

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Saumede   -   Sitio Web
Enderezo:
Saumede
Cidade:
A Bola


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 24 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 30 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 26 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 24 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 01 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 26 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner