vouaxenda.com

espacio blanco

Dúo Mara (Petiscos Musicais)

Dúo Mara
Data:
sábado, 17 de febreiro
Hora:
21.00 h
Onde:
Fundación Vicente Risco - Allariz
Entrada:
de 15€ a 50€


Formado no ano 2005 tras coñecerse a soprano noiesa Esperanza Mara Filgueira Rama e a pianista marinense Paula Gago Otero no seo da Banda Sinfónica da Federación de Bandas de Música Populares de Galicia, o seu primeiro recital como agrupación tivo lugar en Rianxo no ano 2006 e, dende aquela, ofreceron numerosos concertos dentro e fóra de Galicia, participando en destacados actos como o Día Europeo da Música en Santiago de Compostela, Semana Cultural Noiesa, Feira do Libro en Oporto, Festival Son de Marín, Semana Musical de Noia e a Homenaxe ó escultor Francisco Asorey en Cambados. Ademáis son habituais en ciclos de recoñecido prestixio coma os organizados pola Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza de Santiago, a Fundación Cultural Rutas del Románico de Pontevedra, a Asociación de Compositores de Galicia, a Fundación Eutherpe de León e o Curso de verán Tamara Brooks. O seu repertorio é moi amplo e variado abarcando diversos xéneros e estilos dende o Rexurdimento ata o S. XX, incluíndo ópera, oratorio, lied, zarzuela e canción española, latinoamericana, francesa, inglesa, galega e rusa.

Aforo limitado: 35 persoas.

Entrada solta para este concerto: 15 €
Abono para os catro concertos do ciclo (un por cada estación do ano): 50 €

Organiza Fundación Vicente Risco

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Fundación Vicente Risco   -   Sitio Web
Enderezo:
San Lorenzo, 3
Cidade:
Allariz


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)

masacritica

Banner