vouaxenda.com

espacio blanco

Aida

Aida
Data:
domingo, 25 de febreiro
Hora:
19.00 h
Onde:
Teatro Principal - Ourense
Entrada:
de 15€ a 25€


A Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Kishnau representan en Ourense "Aida", a ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Antonio Ghislanzoni, baseada na versión francesa de Camille du Locle da historia proposta polo exiptólogo francés Auguste Mariette.

Sinopse:
Aida, unha princesa etíope, é capturada e levada a Exipto como escrava. Un comandante militar, Radamés, loita ao dividirse entre o seu amor por ela e a súa lealdade ao Faraón. Para complicar a historia aínda máis, Radamés é obxecto do amor da filla do Faraón, Amneris, aínda que el non corresponde aos seus sentimentos.

A ópera non especifica de maneira moi precisa o período histórico en que se desenvolve, de maneira que é difícil situala de maneira precisa dentro do Reino Antigo. Para a primeira representación, Mariette fixo un enorme esforzo para que tanto os escenarios como os traxes parecesen auténticos. Dada a constancia dos estilos artísticos ao longo de tres mil anos de historia do Antigo Exipto, ningunha produción necesita escoller un período temporal específico dentro do amplo marco da historia do Antigo Exipto.

É unha das óperas máis populares do compositor italiano, quen era por entón un compositor de gran prestixio en toda Europa. O éxito desta nova ópera cimentou aínda máis a súa fama internacional.

Prezos: 25€ (Butaca de Patio, Platea, 1º Andar), 20€  (2º Andar), e 15€  (Paraíso e VR). Á venda na taquilla do teatro o día previo á representación, o mesmo día de 12:00 h. a 14:00 h. e dúas horas antes de comezo da función.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Principal   -   Sitio Web
Enderezo:
Rua da Paz, 9
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 24 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 30 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 26 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 24 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 01 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 26 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner