vouaxenda.com

espacio blanco

Arianna Savall & Petter U. Johansen (Festival Pórtico do Paraíso)

Arianna Savall & Petter U. Johansen
Data:
sábado, 3 de marzo
Hora:
19.30 h
Onde:
Castelo de Monterrei - Monterrei
Entrada:
gratuita


Nada en Basilea (Suíza) no seo dunha familia de músicos cataláns, Arianna Savall Figueras inicia os estudos de piano con Susanne Hockenios e de arpa clásica con Magdalena Barrera. En 1991 comeza a estudar canto con Maria Dolors Aldea no conservatorio de Terrassa, onde finaliza estudos de canto e arpa. En 1996 volve a Suíza para estudar canto con Kurt Widmer na Schola Cantorum Basiliensis e especializarse en arpas históricas con Heidrun Rosenzweig.

De 1997 a 2008 colabora en numerosos concertos e gravacións con Hespèrion XXI e, coa discográfica Alia Vox, grava o primeiro CD Tonos Humanos que obtivo o Diapason d’Or. Paralelamente traballa con outros grupos como Mala Punica, Ricercar Consort ou a Capella Antiqua Bambergensis. A finais do ano 2009 edita o segundo CD Peiwoh (Alia Vox).

En 2009 crea, co seu compañeiro Petter Udland Johansen, o conxunto Hirundo Maris, especializado na música antiga, da medieval ata o Barroco, e na creación propia. O núcleo creativo é a música mediterránea e nórdica, reencontrando camiños de mar e música que uniron desde tempos remotos os países escandinavos coa Península Ibérica.

Petter nace en Oslo, onde estuda canto, violín e piano na Academia de Música de Noruega. De 1997 a 2000 especialízase en música antiga na Schola Cantorum Baseliensis (Suíza) con Richard Levitt e posteriormente co tenor alemán Hans Peter Blochwitz. Petter é tamén compositor e director, e séntese igual de cómodo na música folk, na tradicional ou na clásica.

Con Hirundo Maris participaron en numerosos festivais, entre eles o Cologne’s Fest für Alte Musik (Alemaña), Jazz in Church Festival de Bucarest (Romanía), Menuhin Festival Gstaad (Suíza), Styriarte Festival (Austria), All’Improvviso Festival (Polonia), Oslo Kirkemusikk Festivalen e Tromsø Festival (Noruega), Festival de Dinan en Bretaña (Francia), Seduced by harps (Bélxica), Festival de Ostrava Ada Balová (República Checa) e Arp Sanati Dergi en Istambul (Turquía).

Hirundo Maris gravou coa prestixiosa discográfica ECM e colabora regularmente con Carpe Diem Records. Arianna e Petter dirixen desde 2016 o Bardonecchia Harp Festival en Italia.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Castelo de Monterrei
Enderezo:
Monterrei
Cidade:
Monterrei


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner