vouaxenda.com

espacio blanco

Vida Guitar Quartet (Festival Pórtico do Paraíso)

Vida Guitar Quartet
Data:
domingo, 4 de marzo
Hora:
20.30 h
Onde:
Liceo de Ourense - Ourense
Entrada:
gratuita


VIDA Guitar Quartet é o resultado da unión de catro guitarristas excepcionais que decidiron apostar pola música de cámara, a súa gran paixón. Está formado por Mark Ashford e Amanda Cook, cada un deles cunha sólida e recoñecida carreira internacional como solistas, e por Mark Eden e Christopher Stell, que foron durante anos o famoso Eden-Stell Guitar Duo, un dos mellores dúos de guitarra do mundo.

Desde 2007, ano en que comezaron a funcionar como cuarteto, tocaron nas mellores salas de Reino Unido incluíndo King’s Place e Purcell Room (Londres), The Sage (Gateshead) e St Georgeʼs (Bristol). Convertéronse nun grupo moi solicitado polos grandes festivais de Europa e tamén dos Estados Unidos.

En 2011 VIDA Guitar Quartet debutou en Los Angeles e Nova York, ademais de ser artistas residentes en varias universidades de California, onde regresaron en marzo de 2012. Desde aquela, o grupo formou parte das programacións dos festivais de guitarra de máis sona dos Estados Unidos, como o Long Island Guitar Festival e o Allegro Guitar Series de Dallas, Fort Worth e Las Vegas.

En 2015 foron premiados na Asamblea Anual da GFA (Guitar Federation of America) e en 2017 debutaron en China como parte do Festival Internacional de Guitarra de Changsha.

En abril de 2013, tras o seu enxalzado primeiro CD Love, the Magician, VIDA Guitar Quartet editou Rhapsody, con música de George Gershwin, Malcolm Arnold e Adam Gorb. A este seguiu The Leaves be Green, que inclúe obras de compositores ingleses como Benjamin Britten, Vaughan Williams e Edward Elgar. En outono de 2017, editaron Bachianas, froito da súa colaboración coa saxofonista Amy Green. Neste CD hai obras de Mendelssohn, Villa Lobos, Bach e dúas obras novas escritas para o cuarteto por Howard Skempton e Laura Snowdon.

VIDA Guitar Quartet conta co apoio de cordas D’Addario.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Liceo de Ourense
Enderezo:
Lamas Carvajal, 5
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 26 Xuñ. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 03 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
outros 27 Xuñ. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 04 Xul. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner