vouaxenda.com

espacio blanco

Wolodymyr Smishkewych (Festival Pórtico do Paraíso)

Wolodymyr Smishkewych
Data:
martes, 6 de marzo
Hora:
20.30 h
Onde:
Museo Arqueolóxico Provincial - Ourense
Entrada:
gratuita


O tenor Wolodymyr “Vlad” Smishkewych, nacido en Estados Unidos de nai galega e pai ucraíno, foi compoñente dos galardoados grupos de música antiga Sequentia e Theatre of Voices desde o 2000, e foi solista con The Harp Consort, Ars Nova Copenhagen e Ensemble Dialogos. Con todos eles gravou discos para distintas casas discográficas, como Sony/BMG, Harmonia Mundi-USA, Naxos, Norton e Focus Records.

Obtivo o título de doutor de música en canto da distinguida Indiana University (EE. UU.) e, como docente dedicado á pedagoxía vocal e á execución da música antiga, dirixiu cursos e deu clases maxistrais en varias universidades dos Estados Unidos, América do Sur, Canadá e Europa.

Como produtor de medios audiovisuais, e apaixonado pola música, a cultura e a historia, veu a España como bolseiro da Fulbright Commission a principios do milenio. En 2011 trasladouse a Irlanda para ser director do mestrado en canto ritual e gregoriano da University of Limerick, onde ensinou ata o 2014.

Regresou ao mundo creativo de concertos e produción audiovisual e, en 2015, chegou a ser produtor e presentador para a radio da Rede Europea de Música Antiga (REMA). En Irlanda, coñéceselle como “a voz da música antiga” por ser o creador, investigador e locutor de Vox Nostra, o programa que se emite unha vez por semana na RTÉ Lyric FM, a radio nacional irlandesa.

O seu labor como autor e investigador continúa e, para este ano 2018, ten como proxecto publicar un libro como coeditor, titulado Medieval Song in Modern Performance (A canción medieval na súa execución moderna).

Wolodymyr Smishkewych recoñece e agradece o apoio continuo ao seu traballo por parte da Music Network – Music Capital Scheme, subvencionada polo Department of Arts, Heritage.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Museo Arqueolóxico Provincial   -   Sitio Web
Enderezo:
Praza Maior
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 26 Xuñ. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 30 Xuñ. | Taller Feng Shui para la abundancia (TactoConTacto, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
outros 20 Xuñ. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
cinema 20 Xuñ. | Rara (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 21 Xuñ. | Tierra firme (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
musica 22 Xuñ. | VenRespirar + VenRespiriño (Mirador de San Francisco, Ourense)
outros 20 Xuñ. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 20 Xuñ. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 21 Xuñ. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner