vouaxenda.com

espacio blanco

Ingenium Ensemble (Festival Pórtico do Paraíso)

Ingenium Ensemble
Data:
sábado, 10 de marzo
Hora:
19.30 h
Onde:
Colexiata Santa María a Real - Xunqueira de Ambía
Entrada:
gratuita


Ingenium Ensemble é un grupo vocal mixto de seis cantantes, deles catro son irmáns. O grupo formouse no outono de 2009 en Liubliana (Eslovenia) e, desde ese momento, deron concertos en numerosos lugares do país e do resto de Europa.

En 2012, participaron no festival Europa Cantat de Turín (Italia) xunto ao grupo VOCES8 e, un ano despois, co seu director artístico Barnaby Smith. En 2013 tamén traballaron con Stephen Connoly e Emma Kirkby e co conxunto vocal alemán Singer Pur. En abril dese mesmo ano, Ingenium Ensemble participou no Concurso Internacional de Corais de Bad Ischl en Austria, onde obtiveron o primeiro premio tanto na categoría de música sacra como na de programa libre.

En maio de 2014, recibiron o premio do público e o premio especial do xurado como mellor grupo a cappella e mellor canción en acústico no Concurso Internacional A Cappella de Leipzig (Alemaña), dirixido polo grupo Amarcord. En agosto gañaron o Concurso Polifónico de Arezzo (Italia) na categoría de grupo vocal e na de Renacemento. En novembro, tamén de 2014, foron primeiro premio no Concurso Internacional de Corais de Tolosa (España) en varias categorías: música sacra, música profana e premio do público.

Ingenium Ensemble formou parte da programación de varios festivais internacionais en distintos países, como Suíza, Austria, Croacia, España, Italia, Francia e República Checa. En 2014 editaron Ingenium, o seu primeiro CD, e en 2015 gravaron obras de Josquin Desprez e Jean Richafort, en colaboración co grupo vocal británico Apollo5.

O seu repertorio inclúe madrigais e motetes do Renacemento, pero tamén obras contemporáneas e arranxos de cancións populares de Eslovenia. O seu propósito é achegar ao público obras descoñecidas ou moi pouco interpretadas, e tamén apoiar a compositores novos do seu país.

En xaneiro de 2015, Ingenium Ensemble recibiu o premio Golden Emblem de Eslovenia, como recoñecemento ao seu traballo en favor da música vocal.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Colexiata Santa María a Real
Enderezo:
Plaza San Rosendo
Cidade:
Xunqueira de Ambía


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 26 Xuñ. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 30 Xuñ. | Taller Feng Shui para la abundancia (TactoConTacto, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
outros 20 Xuñ. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
cinema 20 Xuñ. | Rara (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 21 Xuñ. | Tierra firme (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
musica 22 Xuñ. | VenRespirar + VenRespiriño (Mirador de San Francisco, Ourense)
outros 20 Xuñ. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 20 Xuñ. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 21 Xuñ. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner