vouaxenda.com

espacio blanco

Antonio Serrano (Festival Pórtico do Paraíso)

Antonio Serrano
Data:
domingo, 11 de marzo
Hora:
19.00 h
Onde:
Teatro Principal - Ourense
Entrada:
de 5€ a 8€


Antonio Serrano (Madrid, 1974) comeza a estudar música aos 7 anos con seu pai, quen lle ensina a tocar a harmónica. Posteriormente realiza estudos de piano, violín e percusión nos conservatorios de Alicante e Madrid, e perfecciona os estudos de harmónica con Larry Adler en Londres.

A súa trepidante traxectoria valeulle ser premiado en 2014 co Masters of Mediterranean Music en jazz flamenco, galardón outorgado polo Berklee Mediterranean Music Institute, e co Grammy Latino, en recoñecemento á súa participación na gravación do disco Entre 20 aguas: a la música de Paco de Lucía.

Traballou en diferentes contextos musicais que van desde a música clásica ao jazz, o flamenco, o tango e incluso o pop. No transcurso da súa carreira como solista, tocou coas orquestras sinfónicas de Bélxica, Colonia, Heidelberg, Kiel e Istambul, entre outras, tocando concertos orixinais para harmónica de H. Villalobos, M. Arnold e V. Williams e arranxos de obras de G. Enescu, G. Gershwin ou R. Korsakov.

Antonio foi durante 10 anos membro do grupo de Paco de Lucía con quen realizou oito xiras musicais. Como músico de jazz, tocou con Toots Thielemans, Winton Marsalis, Jerry González, Chano Domínguez, Lou Bennet, Jorge Pardo, Vicente Amigo, Perico Sambeat e Javier Colina, entre outros

Co paso dos anos, o pianista Albert Sanz (Valencia, 1978) converteuse nun dos referentes máis sólidos do jazz no noso país. Realizou xiras con Kurt Rosenwinkel, Chris Cheek, Mark Turner, Guillermo Klein ou René Marie, e é colaborador habitual de Javier Colina, Silvia Pérez Cruz, Jorge Rossy ou Perico Sambeat.

Unha clara mostra do seu xenio precoz vese nos discos que editou durante estes anos, desde o aclamado Des D’aquí (disco español do ano 1999 pola revista Cuadernos de Jazz), pasando por El fabulador (2004), considerado pola revista Cuadernos de Jazz como un dos mellores dez discos do jazz español da década pasada; seguido por Los Guys con Chris Cheek, Larry Grenadier e Jeff Ballard, ou Metamorfosis con Masa Kamaguchi ao contrabaixo e R.J. Miller á batería.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Principal   -   Sitio Web
Enderezo:
Rua da Paz, 9
Cidade:
Ourense

<<  Setembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 25 Set. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 25 Set. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 24 Set. | Obradoiro Sexualidade (TactoConTacto, Ourense)
musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 26 Set. | Reforma administrativa y lucha contra la corrupción (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
outros 26 Set. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 27 Set. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Taller de Pintura en Tela (TactoConTacto, Ourense)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 26 Set. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 27 Set. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner