vouaxenda.com

espacio blanco

Víctor Aneiros

Víctor Aneiros
Data:
venres, 16 de marzo
Hora:
21.30 h
Onde:
Café Cultural Auriense - Ourense
Entrada:
de 6€ a 8€


Víctor Aneiros está en plena xira de presentación do seu oitavo álbum “Un extraño entre la multitud” que chegará o día 16 a Ourense.

O guitarrista e compositor galego Víctor Aneiros lanza ao mercado o seu oitavo álbum baixo o título de “Un extraño entre la multitud”. O proxecto mostra unha nova faceta do artista que decidiu cambiar a melancolía blusera, por ritmos roqueiros e a lingua galega, que caracterizaba as súas letras, polo castelán.

Neste  traballo o artista reflexiona sobre o paso do tempo ao seu redor e non teme mostrarse crítico cos problemas da sociedade actual, aínda servíndose dun desenfadado ton irónico. O compositor aborda neste traballo temas presentes no día a día actual,  como o da falsa realidade imperante nas redes sociais, e dedica tamén un dos temas deste proxecto á crise dos refuxiados, problema que aborda con seriedade a ritmo de balada. Con todo, o single mira á localidade natal do artista, pois “Ciudad Olvido”, repasa a historia máis recente do panorama naval de Ferrol.

Os potentes ritmos roqueiros caracterizan a volta de Víctor Aneiros, que contou nesta ocasión coa colaboración do produtor Segundo Grandío. Con “Un extraño entre la multitud” o pioneiro do blues en galego pretende deixar atrás a melancolía e crear algo novo empregando, por primeira vez en moitos anos a lingua castelá como vehículo condutor das súas sensibilidades.

Enviado por vouaxenda

Café Cultural AurienseMapa
Onde:
Café Cultural Auriense   -   Sitio Web
Enderezo:
Plaza del Correxidor, 11
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner