vouaxenda.com

espacio blanco

Arts Symphony Ensemble

Arts Symphony Ensemble
Data:
sábado, 21 de abril
Hora:
20.30 h
Onde:
Teatro Principal - Ourense
Entrada:
de 6€ a 10€


CONCERTO DA ORQUESTA DE CÁMARA ARTS SYMPHONY ENSEMBLE. 12 músicos, Concertino e solista Cristian Chivu (violín).

Arts Symphony Ensemble nace o 2014 como iniciativa dalgúns membros da Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Catalunya (OBC) e da Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Liceo. Todos eles son músicos dunha dilatada experiencia que desenvolveron nas mellores salas e auditorios de todo o mundo. Baixo o liderado do virtuoso violinista Cristian Chivu consolidaron este proxecto que se caracterizou desde os seus inicios pola procura da excelencia artística e a alta calidade nas súas interpretacións.

Xa desde os primeiros concertos Arts Symphony Ensemble recibiu os eloxios da crítica especializada e grazas a este apoio foron convidados a participar nalgúns ciclos de concertos e festivais de verán máis importantes do Estado, como o Festival dels Jardins de Pedralbes ou o Festival de verán de Cambrils, onde participaron xunto a figuras destacadas da lírica internacional como os tenores Juan Diego Flórez e Josep Carreiras.

Ao longo da súa traxectoria Arts Symphony Ensemble tamén colaborou co grupo 2cellos, Albert Guinovart, Antonio Amenduni, Marco Gerboni e directores de orquestra como Guillermo García Calvo, Manel Valdivieso, David Giménez Carreiras, Ladislav Horvath, entre outros.

Prezos: 10€ (Butaca de Patio, Platea, 1º Andar), 8€  (2º Andar), e 6€  (Paraíso e VR).
Á venda na taquilla do teatro o día previo á representación, o mesmo día de 12:00 h. a 14:00 h. e dúas horas antes de comezo da función.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Principal   -   Sitio Web
Enderezo:
Rua da Paz, 9
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 20 Set. | Kurt Baker Combo (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 22 Set. | Quiz bar/Trivial (El Pueblo Café Cultural, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner