vouaxenda.com

espacio blanco

UKP Day

UKP Day
Data:
sábado, 2 de xuño
Hora:
12.00 h
Onde:
Ribadavia - Ribadavia
Entrada:
gratuita


Artistas latinoamericanos, portugueses, galegos e nacionais daranse cita o vindeiro 2 de xuño en Ribadavia, na terceira edición deste atípico festival, concibido como unha romaría para tódolos públicos, que logra xuntar nun só día diversas actividades que apostan pola difusión das novas tendencias contemporáneas e o fomento da creatividade dos máis pequenos.

O gran protagonista da xornada é o ukelele, un instrumento que colleu fama en Hawai pero que ten a súa orixe no cavaquinho portugués, de aí que a presenza de artistas do país veciño sexa unha constante dentro do programa de concertos e actividades. Este ano, o dúo portugués L’Mantra completarán un cartel no que destaca tamén a presenza da artista latinoamericana Yoyo Borobia ou as actuacións dos galegos Os Amigos dos Músicos e Os Novos.

Ademais dos concertos exclusivos con ukelele, ese día tamén se levan a cabo outras actividades complementarias como exposicións, obradoiros infantís, intervencións artísticas, charlas, mercado creativo e postos de gastronomía.

O Ukp Day celebrase en horario diúrno de 12:00h a 22:00h. A entrada é de balde.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Ribadavia   -   Sitio Web
Enderezo:
Ribadavia
Cidade:
Ribadavia


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 21 Ago. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 22 Ago. | Curtas Internacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
cinema 29 Ago. | Curtas Nacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
outros 21 Ago. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 27 Ago. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 22 Ago. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 30 Ago. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 21 Ago. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 29 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner