Josemi Carmona, guitarra
Javier Colina, contrabaixo
Bandolero, percusión
Josemi Carmona (guitarra flamenca) e Javier Colina (contrabaixo) asinan a dúo unha conversación musical, un diálogo que de forma natural, fusiona e achega linguaxes distintas.
Entre profundos ecos flamencos e o swing jazzÃstico que os caracteriza, guitarra e contrabaixo reúnense para explorar un repertorio concibido con finura e atención ao detalle. Pezas populares de raÃz latinoamericana altérnanse coas sempre elegantes composicións de Josemi, mentres se desvelan asombrosos descubrimentos do jazz e do flamenco.
O directo é delicado e poderoso a partes iguais: Josemi e Colina saben como fiar o discurso. Son cómplices no diálogo e afondan en todos os xéneros explorados con coñecemento e personalidade. Respectan os tempos de cada música, dominan os momentos de improvisación e entenden cando é necesario deterse a repousar nunha melodÃa nocturna e exquisita. Contan verdades amargas, historias de amores, de noites de música, ás veces alegres, ás veces incomprendidos, entre tangos flamencos e bonequiñas lindas, choran unha farruca con aroma a Piazzolla.
"De cerca" é Granada e América, é swing, compás e contratempo... é jazz e é flamenco.
De Cerca conta coa colaboración -especial e fundamental no proceso de creación- de Bandoleiro (percusión e palmas).
Enviado por vouaxenda
VOU! Axenda.