vouaxenda.com

espacio blanco

Bill Evans: Petite Blonde II (Festival de Jazz de Primavera)

Bill Evans: Petite Blonde II
Data:
venres, 11 de maio
Hora:
23.00 h
Onde:
Praza de Santa Eufemia - Ourense
Entrada:
gratuita


Bill Evans, saxo e voz
Ulf Wakenius, guitarra eléctrica
Gary Grainger, baixo eléctrico
Dennis Chambers, batería

O gran saxofonista Bill Evans regresa á escena conmemorando que hai 25 anos viu a luz o disco en directo " Petite Blonde", remarcable traballo dentro da súa carreira, que contou cuns escudeiros de luxo, como Victor Bailey ao baixo (falecido desgraciadamente hai dous anos), Dennis Chambers á batería, Mitch Forman aos teclados e o tamén tristemente falecido fai menos dun ano guitarrista e fundador de bandas como Metro ou Fourplay, figura indiscutible do Smoothjazz, Chuck Loeb, que xunto con Bill Evans ao saxo tenor e soprano, foi gravado en 1992 no Festival de Jazz de Neuwied (Alemaña).

Militante da banda de Miles Davis do 80 ao 84, con só 22 anos, foi nomeado a un grammy polo seu disco " Soulgrass". Despois da etapa de Miles, Bill gravou tres discos con John McLaughlin e a Mahavishnu Orchestra, e tocou máis adiante con Herbie Hancock, Lee Ritenour, Dave Grusin, Steps Ahead e Mick Jagger, entre outros. "Rise Above" é o seu último disco coa súa propia banda, publicado en 2016 no que colaboran Warren Haynes (Govt Mule, Allman Brothers Band), Gregg Alman, Mike Stern, Josh Dion ou JJ Grey, entre outros.

Para esta conmemoración, mantense o incombustible e tremendo batería que marcou nos 90 un antes e un despois no son, o pulso e a maneira de tocar Groove como unha auténtica apisoadora cunha técnica desbarrante e pouco ou nada vista por esa época. Faise incalculable nomear á xente coa que compartiu escenario e a infinidade de proxectos nos que colaborou, que á parte de ser o batería de Carlos Santana durante varios anos, poderiamos nomear tamén a xente como John Scofield, Steely Dan, Parliament/ Funkadelic, John McLaughlin ou Maceo Parker.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Praza de Santa Eufemia
Enderezo:
Coronel Ceano
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 20 Set. | Kurt Baker Combo (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 22 Set. | Quiz bar/Trivial (El Pueblo Café Cultural, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner