vouaxenda.com

espacio blanco

Lew Tabackin Trio (Festival de Jazz de Primavera)

Lew Tabackin Trio
Data:
luns, 14 de maio
Hora:
23.00 h
Onde:
Café Latino - Ourense
Entrada:
15€


Lew Tabackin, frauta e saxo tenor
Boris Kozlov, contrabaixo
Mark Taylor, percusión

Nacido en Philadelphia, USA, en 1940, Lew Tabackin forma parte da elite de grandes instrumentistas da súa xeración. Compositor, arreglador, director de orquestra, saxofonista e frautista, foi descrito polo crítico Scott Yanow como "un dos poucos músicos de jazz capaz de desenvolver dúas personalidades musicais radicalmente diferentes en dous instrumentos distintos, co seu robusto estilo hard bop ao saxo tenor contrastando coas súas delicadas interpretacións á frauta".

Tabackin estudou no Conservatorio de Philadelphia e tras a súa gradación trasladouse a Nova York, onde tivo a oportunidade de traballar con Tal Farlow, Don Friedman e nas big bands de Cab Calloway, Lles & Larry Elgart, Maynard Ferguson, Joe Henderson, Chuck Israels, Thad Jones & Mel Lewis, Clark Terry e Duke Pearson, así como en pequenos grupos xunto a Donald Byrd, Roland Hanna, Elvin Jones e Attila Zoller.

Lew coñeceu á pianista Toshiko Akiyoshi en 1968. A parella trasladouse a Los Angeles onde Akiyoshi formou a súa histórica "Toshiko Akiyoshi Jazz Orchestra", na que Lew tivo un papel moi destacado como solista. Durante esta época traballou tamén en pequenos grupos xunto a Shelly Manne, Billy Higgins, John Heard e Charlie Haden. En 1982 Akiyoshi e Tabackin instaláronse definitivamente en Nova York, e desde entón, Lew alternou a súa participación na "Jazz Orchestra" de Toshiko coa dirección dos seus propios grupos, colaborando ademais con diferentes grupos de "all stars", como a The Newport All- Stars, The New York Jazz Giants, e a Carnegie Hall Jazz Band, xeralmente asociados ao produtor George Wein.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Café Latino   -   Sitio Web
Enderezo:
Coronel Ceano, 7
Cidade:
Ourense

<<  Decembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17182223
24262830
      

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 11 Xan. | "Na noite, no silencio" presentaçom livro-CD (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
infantil 25 Dec. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 25 Dec. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 31 Dec. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 21 Dec. | Presentación de "Alleos" de Idoia de Luxán (Sindicato del Comic, Ourense)
outros 20 Dec. | Presentación de "I+": Anuario 2018 da EASD Antonio Faílde (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
outros 19 Dec. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 19 Dec. | A viaxe das súas vidas (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 27 Dec. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
cinema 20 Dec. | O día + curto (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 25 Dec. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 19 Dec. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 20 Dec. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner