vouaxenda.com

espacio blanco

Harry Allen Quartet (Festival de Jazz de Primavera)

Harry Allen Quartet
Data:
luns, 21 de maio
Hora:
23.00 h
Onde:
Café Latino - Ourense
Entrada:
15€


Harry Allen, saxo tenor
Gerard Nieto, piano
DeeJay Foster, contrabaixo
Jo Krause, batería

Harry Allen naceu en Maryland en 1966, aínda que creceu nun suburbio de Los Angeles. O seu pai, que traballou como baterista profesional na súa mocidade, animoulle na súa carreira musical, que iniciou tocando o clarinete, pasando máis tarde ao saxo tenor.

Durante a súa época escolar en Newport, Rhode Island, empezou a interesarse polo jazz, escoitando discos de Lester Young e Ben Webster (as súas influencias máis notables ata o día de hoxe). O seu seguinte paso foi matricularse na Rutgers University, onde se diplomó en música en 1988. Para entón, xa traballaba a tempo parcial como profesional, á beira de Bucky Pizzarelli, Ruby Braff e George Masso.

Durante os seguintes anos, Harry traballou de forma constante no que el define como "o meu período formativo" á beira de músicos como Warren Vaché, Dave McKenna, Kenny Barron, Major Holley, Maxine Sullivan, Milt Hinton, Kenny Davern, Jack Sheldon e especialmente, Oliver Jackson, con quen efectuou tres xiras europeas. Traballou tamén con Kenny Burrell, Rosemary Clooney, Flip Phillips, Scott Hamilton, Harry "Sweets" Edison, John Pizzarelli, Bucky Pizzarelli, Gus Johnson, Jeff Hamilton e Terry Gibbs.

Publicou unha trintena de discos como líder. Harry Allen pode encadrarse no movemento coñecido como "neoclásico" dentro do jazz máis ortodoxo: bebendo nas fontes dos grandes saxofonistas dos anos corenta, como Webster, Young ou Hawkins, e incorporando as concepcións achegadas por Stan Getz, Zoot Sims e Al Cohn nos anos cincuenta, desenvolveu un estilo propio, que une á robustez do son coa sensibilidade na interpretación. Gran especialista nas baladas, é así mesmo un excelente " swingman", imaxinativo e directo.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Café Latino   -   Sitio Web
Enderezo:
Coronel Ceano, 7
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 20 Set. | Kurt Baker Combo (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 22 Set. | Quiz bar/Trivial (El Pueblo Café Cultural, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner