vouaxenda.com

espacio blanco

Naiara e Alberto. Piano e saxofón . (IV Ciclo Petiscos Musicais)

Naiara e Alberto. Piano e saxofón .
Data:
sábado, 21 de abril de 2018
Hora:
21.00 h
Onde:
Fundación Vicente Risco - Allariz
Entrada:
de 10€ a 15€


2º Concerto do IV Ciclo Petiscos Musicais.
Dúo piano e saxofón: Naiara e Alberto.

[Toda a información do Ciclo (prezos, concertos...) aquí: facebook.com/FundacionVicenteRisco]

Naiara Acuña Celada (piano):

Nace en Vigo, cidade onde comeza e remata os seus estudos musicais acadando os títulos superiores de piano e solfexo. Recibe clases da pianista checa Vladimira Smavsôva e asiste a cursos con profesores de renome como Joaquín Achúcarro ou Eulalia Solé. Dende hai máis de quince anos compaxina a súa actividade docente co labor de pianista acompañante.

Actualmente é profesora no Conservatorio Profesional de Vigo.

Alberto Loureiro Casas (saxofón):

Nace en A Merca (Ourense). É nesta cidade onde realiza os estudos profesionais de música. Posteriormente continúa a súa formación musical nos conservatorios superiores de Vigo e A Coruña, obtendo neste último o título superior na especialidade de saxofón co profesor Narciso Pillo. Amplía os seus coñecementos musicais asistindo a cursos con destacados mestres do saxofón coma: Andrés Gomis, Arno Bornkamp, Jean-Yves Formeau, Claude Delangle ou Paquito D’Rivera.

Dende o ano 2007 é profesor de saxofón e música de cámara no Conservatorio Profesional “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos, así coma na escola de música do Concello de Coles e na escola de música Kontrapunto.

Organiza Fundación Vicente Risco

Enviado por DaAira

Mapa
Onde:
Fundación Vicente Risco   -   Sitio Web
Enderezo:
San Lorenzo, 3
Cidade:
Allariz

<<  Xuño 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
24282930

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 29 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 27 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner