vouaxenda.com

espacio blanco

Los Thyssen & Thee Boas

Los Thyssen & Thee Boas
Data:
sábado, 30 de marzo de 2013
Hora:
21.00 h
Onde:
Swass - Ourense
Entrada:
5€


Los Thyssen (O Grove) & Thee Boas (Compostela)

Los Thyssen é unha prometedora e excitante banda de Garage/Surf do Grove (Galicia). No verán do 2011, o guitarrista e cantante Mack Paramo, fai equipo con Pitu ao baixo e o Dr. Motocrós ou Morte á bateria para formar a banda mais "rocanrolera" e vibrante da escena Garage/Surf española.
As súas influencias van dende o Blues mais pantanoso e primitivo ata o Punk do 77, pasando polo Garage, o Surf, o R´n´b e a Psicodelia.
Eles describen a súa música enérxica como unha retroacción constante que penetra o cerebro, unha galaxia de sons que saen da guitarra de Mack Paramo, ben arroupado polos poderosos riffs de baixo Pitu e o tolo ritmo do Dr. Motocrós ou Morte.

http://losthyssen.bandcamp.com/

Thee Boas son outra prometedora banda de influencias variadas ....dende a Velvet, a psicodelia, o garaxe, o blues máis pantanoso e escuro, os Birthday Party de Nick Cave ou Oblivians, Dead Moon, Gories, Spacemen 3, Sun Dial....fabrican un son cheo de intensidade e fugas de cerebro...unha tolería feita música ... se non os vistes nas suas 2 últimas visitas á cidade non o perdas desta ...prometen non deixar tímpano saudable.

Enviado por bellotarix

Mapa
Onde:
Swass   -   Sitio Web
Enderezo:
San Francisco, 17
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner