vouaxenda.com

espacio blanco

Inauguración El Pueblo C.C.: Siesta! + Uzumaki + KrKt

Inauguración El Pueblo C.C.: Siesta! + Uzumaki + KrKt
Data:
sábado, 5 de abril de 2014
Hora:
20.00 h
Onde:
El Pueblo Café Cultural - Ourense
Entrada:
gratuita


El Pueblo se abre. É unha frase que pode significar xusto o que vai suceder este sábado 5 en Ourense ou xusto o contrario do que vai pasar. En certos entornos, dicir “me abro” significa dicir “me piro”, significa que estás ata o carallo de facer o gilipollas e vas para calquera outro lugar. “El pueblo se abre” implicaría entón que todo o mundo pasa de movidas e de implicarse en merdas. Ademais sería unha maneira de dicilo como con rintintín, con un toque épico dalgún flipado que se cre Abraham Lincoln. Pero claro, iso é xerga e aquí non usamos linguaxe excluínte para iniciados (por agora). No mundo real, cando te abres é que deixas entrar algo ou a alguén, sexa información ou carne. En Ourense, a partir de agora, “El Pueblo se abre” significará o que ten que significar. Isto implica aclarar certas cousas:

-El Pueblo é un Café Cultural situado no número 1 da rúa de Samuel Eiján.

-A parte que di Café implica que servirán ese tipo de bebidas e tamén outras, alcohólicas e non alcohólicas, nun horario fantástico: Luns a Mércores de 12 a 00 / Xoves, Venres e Sábado de 12 a 3:30.

-A parte que di Cultural implica tentar que a xente se abra a toda unha serie de movidas que están pasando e provocar que pasen outras movidas máis: concertos en vivo, teatro, literatura, exposicións, etc. Pensa que como El Pueblo está aberto pode pasar calquera cousa.

-Nese contexto, haberá en El Pueblo cousas para ler e escoitar (incluso para mercar): libros, fanzines, vinilos.

O día que efectivamente se abre El Pueblo (5 DE ABRIL) haberá unha FESTA MARABILLOSA DE INAUGURACIÓN chea de xente aberta e comprensiva. A ENTRADA SERÁ GRATUITA A PARTIR DAS 20:00 HORAS.

SIESTA son un par de pavos con aparatos que fan música como poderían facer ciruxía amateur. Utilizan as mans para pulsar cousas e unir algúns sonidos con outros de maneira que te retorces de bailar ou de doer. Son de Valencia, así que comprenden a especulación urbanística coma nós. A súa corrupción musical fan que acepten donacións de calquera tipo: están comprados polas mafias do punk, o rock, a psicodelia, o kraut e a electrónica e fan equilibrios para evitar que calquera delas os mate e os tire a un vertedeiro.

UZUMAKI son outro par de pavos que colecciona nomes erróneos moi divertidos: Uzukami, Uzumakey, Un Zumo Akí ou Bukelele son algúns dos que se lles teñen atribuído. Cando hai problemas para denominar algo soe ser porque é interesante. Escápanse das clasificacións habituais porque tocan instrumentos de verdade e berran como porcos pero visten como crooners e programan a súa máquina de ritmos con patróns de cumbia. Imaxínate a Nat King Cole e logo a Benny Moré, non son tan diferentes. Agora tenta pasar de aí a Darby Crash: polo medio andan Uzumaki.

KRKT lese Korokati, e sona africano pero é máis ou menos o contrario ás cousas tribais sempre que sexas estreito de mente e non penses que na Coruña pode haber tribus. Falan de arquitectura e distopía, é dicir, de utopías negativas, de futuros tipo George Orwell collendo fragmentos de xente morta (bueno, da súa obra) e dándolles unha vida que remite á intelixencia artificial. A min vénseme á cabeza a idea de que as máquinas puideran necesitar o seu propio folklore: sería unha locura. África sona a folk, Korokati sona tribal, esta música fala do futuro para falar do presente e entón usa máquinas. Pronto non faremos falta.

Organiza El Pueblo + Discos Porno

Enviado por DiscosPorno

El Pueblo Café CulturalMapa
Onde:
El Pueblo Café Cultural
Enderezo:
Hernán Cortés, 26
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


outros 03 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner