vouaxenda.com

espacio blanco

Novedades Carminha + Psychotic Acid Freek

Novedades Carminha + Psychotic Acid Freek
Data:
sábado, 10 de maio de 2014
Hora:
22.00 h
Onde:
El Pueblo Café Cultural - Ourense
Entrada:
de 8€ a 10€


O 10 de maio aparcarán en El Pueblo os ritmos deses macarras compostelanos licenciados en punkarrismo e con máster en movemento de esqueleto: Novedades Carminha saen da tenda de lencería de abuela que lles da nome para ensinar as bondades de Juventud Infinita, o álbum que editaron fai un par de meses baixo o paraugas de Ernie Producciones. Unha colección de temas que siguen a súa tónica habitual de gamberrismo, chulería e mamoneo divertido con, como non, continuas invitacións a menear o bullarengue e referencias a numerosas travesuras sexualmente explícitas. Desta vez deixan de lado a súa parte máis garaxeira e lo-fi para darlle á man a un son algo máis coidado, co que elaboran un disco no que non faltan aires do pop máis clásico, sen esquecer nunca esas melodías pegadizas que te obligan sen piedade a non parar de cantar as súas letras golfas e os ritmos que che obligarán a mover o cú sen parar aínda que estés amordazado nunha silla de tortura.

Terán, ademais, a mellor compañía que poderían ter: Psychotic Acid Freek, un dúo de mecos do Grove dos que se comenta lles gusta o licor café e colocarse con Bisolvón. Isto debe ser o que lles fai agarrar o seu punk-blues e lanzalo polas estratosfera da mellor psicodelia aderezada con explosións de noise sen paliativos. Acaban de editar o seu single debut co selo californiano Baby Carrot Records e chegan por primeira vez a Ourense con fame de marisco de montaña e pulpo do que se cociña por aquí.

En fin, se marchades con calquera, non vos gustan os condóns pero si as ensaladas de hostias, se non quitades o chándal e antes molábades, pagades en pesetas, vos gustan máis as bolas chinas que ir á igrexa e un montón máis de xogos de palabras sen puta gracia que podo facer coas letras e títulos dos temas dos Carminha, o 10 de maio o sitio no que tedes que estar é El Pueblo. Por só 8 euros se sodes previsores e mercades a vosa entrada anticipada na propia sala. Se sodes tardóns, descoidados, empanados ou simplemente vos mola ir de rebeldes en plan "yo no planifico mi vida, vivo el momento", a cousa vaise a 10 machacantes na taquilla. 

http://novedadescarminha.bandcamp.com/album/juventud-infinita-2
http://psychoticacidfreek.bandcamp.com/album/psychotic-acid-freek-ii

Enviado por vouaxenda

El Pueblo Café CulturalMapa
Onde:
El Pueblo Café Cultural
Enderezo:
Hernán Cortés, 26
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


outros 03 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner