vouaxenda.com

espacio blanco

Congreso Home e o Medio: verbo conxugado (Pasado, presente e futuro na investigación)

Congreso Home e o Medio: verbo conxugado
Data:
venres, 16 de maio de 2014 - domingo, 18 de maio de 2014
Hora:
09.00 h
Onde:
Carballiño - Carballiño
Entrada:
de gratuita a 30€


Coma cada dous anos, o Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño organiza para os días 16, 17 e 18 de maio, a IX edición do seu Congreso que ten como tema central do mesmo o que recolle o suxerinte título que o acompaña “Home e o Medio: verbo conxugado. Pasado, presente e futuro na investigación”. Precisamente nun momento de crises, non só económica, crises que están a afectar o ser humano en moitas das súas facetas e que se reflicte dun xeito especial na investigación.

Esta cuestión será, pois, o eixo central sobre o que se vertebrará esta edición no que, coma sempre, dende diversas perspectivas e disciplinas, os asistentes terán a oportunidade de coñecer, participar directamente e reflexionar sobre o tema, partindo do coñecemento dos diversos relatores que intervirán nesas datas, achegando visións baseadas no empirismo e cunha metodoloxía que axude a unha mellor interpretación e coñecemento nestes duros tempos que atravesa a comunidade investigadora así coma as súas perspectivas de futuro.

Completando esta óptica, as comunicacións centradas en cuestións máis próximas, pero non por iso menos suxestivas, tratarán de dar a coñecer os resultados das investigacións das diversas disciplinas que atinxen máis ó noso territorio e á nosa realidade máis achegada, sempre dende o rigor, o debate, a reflexión e participación.

Para rematar, unha excursión guiada ó excepcional Castro de San Cibrao das Las, seguida dunha lección de arqueoloxía experimental que nos retrotrae ás orixes do home e á súa difícil aventura vital e, para rematar, unha visita a unha adega e a unha cata de viños, completan un atractivo programa.

Para rematar, o Centro de Estudios Chamoso Lamas quere agradecer a colaboración da Universidade de Vigo que, unha edición máis, está ó noso carón apoiando a nosa iniciativa co seu compromiso académico. Tamén, o noso agradecemento ó Excelentísimo Concello do Carballiño e a Aparthotel Arenteiro, como entidades colaboradoras desta IX edición.

+ información e programa do congreso en centroestudioschamosolamas.com

Enviado por etion

Onde:
Carballiño
Cidade:
Carballiño


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 14 Ago. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 22 Ago. | Curtas Internacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
cinema 29 Ago. | Curtas Nacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
outros 14 Ago. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 27 Ago. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 15 Ago. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 30 Ago. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 14 Ago. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 15 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 16 Ago. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner