vouaxenda.com

espacio blanco

Presentación Libro + Concerto

Presentación Libro + Concerto
Data:
venres, 13 de xuño de 2014
Hora:
20.00 h
Onde:
El Pueblo Café Cultural - Ourense
Entrada:
5€


O venres 13 vén cargadiño de cultura rock. Poderemos aprender moitas cousas e logo poñer en práctica a teoría. Pero PORNO non ten nada que ver co educativo, nunca:.

En primeiro lugar, ás 20 horas, LUIS BOULLOSA acude á LIBRERÍA EIXO a presentar o seu libro “EL PUÑO Y LA LETRA. CREACIÓN LITERARIA Y ROCK&ROLL UNDERGROUND”, editado por 66rpm. Nel trátase o tema que indica o seu subtítulo, o contido literario no rock and roll, arredor de autores de cancións tan imprescindibles como Grant Hart (Hüsker Dü), Michael Gira (Swans) ou Julian Cope, que figuran no texto a través de entrevistas. Será GRATIS. O libro conta cun prólogo de Jaime Gonzalo e non nos fai falta botarlle moitas flores porque Internet está cheo de cousas marabillosas sobre el, incluso en El País:

http://blogs.elpais.com/ruta-norteamericana/2014/01/creación-literaria-y -rock-and-roll-underground.html

http://www.ruta66.es/2013/10/encuentros/luis-boullosa-de-punos-letras-y-o tros-menesteres/


Despois da letra, ás 22 horas, en EL PUEBLO, haberá música rock co concerto de GOG Y LAS HIENAS TELEPÁTICAS (onde toca o baixo o propio Luis Boullosa) e CHICKEN BROTHERS. Por se non fóra dabondo coa explicación metafórica para argumentar por que acudir a este concerto, ademais do módico prezo de 5 euros, podemos dar algunha información real sen que sirva de precedente: GOG Y LAS HIENAS TELEPÁTICAS son un grupo de punk e rock and roll de Pontevedra, máis escuro e viscoso do habitual neses sonidos: máis preocupantes, nada complacentes, sen concesións. CHICKEN BROTHERS son debutantes pero veteranos de bandas como The Phantom Keys, Los Morta ou The Outtakes, clásicos da escena galega con raíces antes de Internet, que aquí fan psicodelia, garaxe ou noise sen que se noten as costuras. De verdade que ten mérito.

TODO POR SÓ 5 EUROS. Últimos argumentos:

http://gogylashienastelepaticas.bandcamp.com/

http://www.sonicwavemagazine.com/gog-y-las-hienas-telepaticas%20-tratamiento-de-choque-contra-el-tedio_section_10098.html

Organiza El Pueblo + Discos Porno

Enviado por DiscosPorno

El Pueblo Café CulturalMapa
Onde:
El Pueblo Café Cultural
Enderezo:
Hernán Cortés, 26
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 26 Xuñ. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 03 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 30 Xuñ. | Taller Feng Shui para la abundancia (TactoConTacto, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
outros 27 Xuñ. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
musica 24 Xuñ. | Felix Slim (A Arca da Noe, Vilar de Santos)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 04 Xul. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner