vouaxenda.com

espacio blanco

Monumenta: Catedral de Ourense (Festas de Ourense 2014)

Monumenta: Catedral de Ourense
Data:
sábado, 28 de xuño de 2014
Hora:
19.00 h
Onde:
Catedral de Ourense - Ourense
Entrada:
gratuita


MONUMENTA convídanos a coñecer e gozar o noso patrimonio restaurado. Música, obradoiros, paseos, visitas guiadas e faladoiros que permiten achegarse, dun xeito lúdico e compartido, ás intervencións realizadas en diferentes bens culturais do territorio galego: igrexas, pazos, xacementos arqueolóxicos, mosteiros etc.

Sábado 28 de xuño: catedral de Ourense

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO.
Este monumento iniciado no século XII seguiu evolucionando durante oito séculos. Das dúas portadas románicas, a máis singular é a do pórtico do Paraíso, coas influencias do labor do mestre Mateo no pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Monumenta quere poñer en valor o patrimonio inmaterial da historia recente ourensá e convídanos a facer un percorrido musical da man da Coral de Ruada, formación de referencia para a música vocal en Ourense, e do conxunto de Galicia. Con case un século de historia, esta agrupación estableceu unha fermosa relación coa catedral de Ourense que desvelaremos nesta singular actividade.

19.00 MONUMENTA, MANS Á OBRA
Obradoiro para todas as idades na praza de San Martiño, onde experimentar cos procesos de restauración do patrimonio.

20.30 MONUMENTA EN CONCERTO
Monumenta propón un faladoiro-concerto único na catedral ourensá, coa Coral De Ruada e Xurxo Souto (cantante, ex-acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto e difusor da música galega de agora e de sempre), que será o encargado de conducir esta celebración arredor da coral e da restauración do pórtico do Paraíso.

Organiza Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Catedral de Ourense
Enderezo:
Plaza Trigo, s/n
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 24 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 30 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 26 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 24 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 01 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 26 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner